Informe CCOO-Ensino: «as melloras educativas son urxentes e débense converter en estruturais»

Recomendable lectura do Informe elaborado por CCOO-Ensino que podedes ver aquí ou pulsando na imaxe da portada.

A estrutura cuasi federal da noso país e, en opinión do sindicato, unhas medidas demasiado flexibles dende o goberno central, están a ocasionar que os fondos que se están a enviar ás Comunidades Autónomas non se estean traducindo nun incremento de recursos materiais e humanos para o noso Sistema Educativo, quedando moitas veces ao criterio de cada autonomía (podedes ver aquí un exemplo referido a Galicia).

A responsabilidade dos gobernos autonómicos na mellora da educación e, singularmente, da rede pública resulta evidente.

Recomendable o apartado adicado ao incremento da privatización no sistema educativo do que extraigo o seguinte párrafo:

Con todo, durante os últimos 10 anos, e en particular desde a posta en marcha da LOMCE, fomos testemuñas dunha corrente privatizadora. Habéndose envorcado durante moitos anos no crecemento a través da concertación dos ensinos obrigatorios (dos 6 aos 16 anos), centran a súa atención agora, e na última década, en buscar novas fórmulas privatizadoras en nichos diferentes. Así, no intento de conquista destes novos nichos, algúns dos nosos e as nosas xestoras políticas introduciron os “cheques bebés”, “cheques gardaría” ou “cheques Bacharelato”, que son simples formas encubertas de transferencias económicas ás empresas xestoras da educación.

En suma, un informe de recomendable lectura e que remata con esta decena de propostas:

  • Conseguir un compromiso de todas as administracións educativas para o incremento do investimento en educación co obxectivo de baixar de forma permanente os cocientes de estudantes por grupo, aumentar a oferta de prazas educativas públicas e incrementar os persoais de profesorado e PAS educativo.
  • Establecer mecanismos para frear e reverter os procesos de privatización dos ensinos non universitarios.
  • Crear un fondo de cohesión territorial, distribuído en función da diferente situación das comunidades autónomas, cun modelo de financiamento compartido.
  • Pór en funcionamento unha comisión dentro da Conferencia Sectorial, que permita o seguimento dos fondos destinados a Educación nos distintas CC. AA.
  • Aposta decidida polo diálogo social e a negociación colectiva de todas as administracións educativas para acordar as medidas e distribuír os recursos, con transparencia nos datos.
  • Mellorar a situación laboral e retributiva do profesorado e do PAS educativo, que na actualidade está a facer un enorme esforzo por manter a equidad e a calidade, en moitos casos sen os recursos axeitados. En especial é necesario mellorar as condicións do profesorado no que respecta á xornada lectiva, cuestión na que existen moitas diferenzas entre as comunidades autónomas.
  • Situar a temporalidade dos cadros de persoal por baixo do 8% e pór as medidas para que non volva subir, desterrando definitivamente a precariedade do emprego público en educación. Para iso é necesario eliminar a taxa de reposición de efectivos e establecer sistemas de ingreso e acceso ao emprego público que permitan ao persoal temporal estabilizar o seu posto de traballo.
  • Incrementar de maneira significativa o investimento en FP, para mellorar e aumentar a oferta de prazas e as dotacións materiais e humanas nos centros educativos públicos.
  • Universalizar as etapas non obrigatorias a través da creación de prazas públicas.
  • Incrementar os recursos xerais e específicos para atender a diversidade do alumnado en todos as etapas e ensinos, e fortalecer os servizos de orientación psicopedagógica e educativa. Esta cuestión é de especial relevancia e necesítanse recursos específicos para diferentes perfís de alumnado.
Grazas por compartilo nas túas redes:

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *