¿Ten cura o noso Sistema Nacional de Saúde?

«Conversacións. Para unha SANIDADE mellor», así se titula o libro de conversacións entre Jesús María Fernández Díaz e José Martínez Olmos. Cos dous compartín escano no Congreso de Deputados e dos dous podo dar fe da súa entrega apaixonada a favor do noso Sistema Nacional de Saúde, así como da súa preparación e do rigor das súas actuacións e iniciativas.

Con ambos gocei do seu bo saber e facer durante o tempo en que coincidimos na cámara, pero tamén ao longo destes últimos anos é os que, sendo xa eles ex-deputados, seguimos mantendo contacto nuns anos nos que a pandemia colocou ao noso Sistema Sanitario na primeira liña do debate político.

Neste momento no que, dentro duns días, compartirei con eles a condición de ex-deputado, confeso que foi un pracer a lectura destas conversacións entre Pepe e Jesús Mari, nas que abordan de forma holística a situación do Sistema Nacional de Saúde no noso país, tocando todos os paus e situándonos nunha atalaia preferente para que poidamos otear toda a complexa problemática que hoxe presenta o noso sistema sanitario. Creo que o índice do libro, que podedes ver ao final destas liñas, dá boa mostra do que estou a dicir.

Finalizo cun amable aviso para aqueles que, como eu mesmo, ás veces empezamos os libros polo final, isto é, pola páxina de «Conclusións». Neste caso, recomendo vivamente non actuar deste xeito, o texto final mostrado nese último capítulo podería dar unha primeira visión errónea por mostrar con excesiva simplificación, ao meu modo de ver, o conxunto e a riqueza de argumentos expresados ao longo dun libro do que, e non pola condición de amizade cos seus autores, teño gozado e aprendido coa súa lectura.

Comillas
Autor de la cita

«Creo que o peor que lle pode ocorrer ao sistema sanitario español é que se volva dual e que a sanidade pública quede só para as persoas que non poden pagarse outro tipo de sistema sanitario»

Jesús María Fernández Díaz

Comillas
Autor de la cita

«Se nós consideramos que para manter unha vida digna unha persoa que teña unha necesidade de apoio sanitario e social a teña que ter cuberta, iso é un dereito e entón iso ten que ir con provisión de recursos»

José Martínez Olmos

  • ÍNDICE
  • Prólogo
  • Capítulo I.- El contrato social sanitario: una sanidad de todos, para todos
    • ¿En qué consiste el contrato social sanitario?
    • Legitimidad del sistema: ¿se ha visto dañada la legitimidad del sistema nacional de salud?
    • ¿se está perdiendo confianza en el sistema de salud?
    • Equidad y cohesión determinantes sociales de la salud
    • Aseguramiento y acceso universal.
    • Cartera de servicios del sistema nacional de salud e innovación
    • Evaluar las tecnologías: qué podemos pagar, qué queremos lograr y cómo evaluar.
  • Capítulo II.- Una salud pública para mejorar en salud y proteger frente a las emergencias
    • Salud pública y políticas de salud
    • Gestión de emergencias sanitarias
  • Capítulo III.- Unos cuidados centrados en las personas y sus necesidades
    • Impacto de los cambios sociales sobre la salud y el sistema sanitario
    • Atención sociosanitaria
    • Atención primaria
    • Salud mental
    • Las tecnologías y la digitalización
  • Capítulo IV.- Lograr mejores resultados con más recursos y mejor organizados
    • La financiación de la sanidad
    • Reformar para ser más eficientes
    • Colaboración público-privada
    • Transparencia y competitividad
    • Acceso a la innovación
    • La farmacia española y su papel asistencial
  • Capítulo V.- Profesionales y talento para la salud
    • El desarrollo del conocimiento medico y la necesidad de profesionales
    • Educación médica continua y recertificación de competencias
  • Capítulo VI.- Un gobierno democrático y federal de la sanidad
    • El gobierno del sistema nacional de salud
    • El ministerio de sanidad
    • Participación y escucha de los agentes sociales
    • Los acuerdos entre partidos
  • Capítulo VII.- La sanidad al servicio de un crecimiento económico justo y sostenible
  • Conclusiones
Grazas por compartilo nas túas redes:

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *