Escola Pública: «a que vertebra o territorio e o verdadeiro corazón do sistema educativo»
Subscribo totalmente esta frase, que serve de titular a esta entrega, pronunciada por Pilar Alegría, ministra de Educación, no transcurso da entrevista publicada polo xornal EL PAÍS (29-08-2021) (ver aquí). Unha frase que reflicte o verdadeiro sentir da ministra acerca da Escola Pública. E non albergo ningunha dúbida ao respecto, coñezo á ministra dende hai tempo e ben sei da súa total convicción no tocante ao papel da Escola Pública como clave de bóveda do noso Sistema Educativo.
«A Escola Pública é a que vertebra o territorio e o verdadeiro corazón do sistema educativo»
Certo é que non faltaron voces que teñen pretendido cuestionar o compromiso da nova ministra de Educación e, por extensión, do conxunto do Goberno, coa Escola Pública. Pero o máis curioso do asunto é a andamiaxe na que sustentan os seus argumentos e que derivan destes dous postulados formulados pola ministra:
- Hai que reducir os decibelios do debate educativo.
- A concertada xoga un papel clave dentro do sistema educativo.
Creo que co primeiro deles, reducir os decibelios, é francamente difícil non estar de acordo. O debate educativo no noso país en ningún momento ten sido fácil, máis ben todo o contrario. As posicións maximalistas, e non podo evitar tomar partido, de modo especial por parte dos sectores conservadores e das patronais católicas, sempre impediron un debate sosegado e reflexivo, empregando non poucas veces mantras falaces acerca da liberdade de ensinanza ou, un dos últimos, falando da desaparicion e peche dos centros de educación especial (sobre isto último pódese ver aquí a análise que fan en Newtral).
En canto ao papel da concertada no sistema educativo, a propia ministra daba a clave para entender esta referencia: «A realidade educativa do noso país é a que é e con ela temos que traballar”.
Efectivamente, a moitos de nós agradaríanos contar cunha porcentaxe de centros públicos moi superior á que realmente temos, pero a realidade é a que é e non podemos obviala. Certo, o sistema de centros concertados foi un “invento” socialista, pero quero recordar aquí as palabras do ministro de Educación daqueles anos, José María Maravall, nunha entrevista realizada no ano 2013 (ver aquí):
«Ningún país logrou [entre 1982 e 1988] uns resultados cuantitativos tan espectaculares como España en canto a cifras de escolarización. Tivemos que facer un esforzo titánico que obligounos a investir en 1.000 prazas escolares ao día, non había un sistema de becas e creamos 700.000 e no existía ningunha das leis que esixía a Constitución»
Por certo, un José María Maravall que, nesa mesma entrevista, advertía o seguinte:
«A liberdade de elección de centro agora non é dos pais, senón dos propietarios dos colexios concertados; tense desatendido á escola pública”
Faría una política diferente e “rectificaría moitas cousas” tales como “os abusos que se teñen cometido de leis aún vixentes”
As primeiras declaracións da nova ministra de Educación trataron tamén de ser utilizadas para vendelas como un desmarque da anterior ministra, Isabel Celaá, e, xa de paso, da propia LOMLOE, tanto no que atinxe á concertada, como no que ten que ver con outros aspectos da lei. Sen embargo as declaracións de Pilar Alegría foron ben contundentes amosando o seu total apoio á LOMLOE. Sirvan como exemplo as seguintes:
«A vehicularidade do castelán emana a propia constitución e está máis que garantida na lei. A lei é garantista neste tema, non hai nada máis garantista que dicir que, cando os alumnos acaben a ensinanza obligatoria, terán adquirido competencias en castelán e na lingua cooficial e, ademáis, faise unha chamada a reforzalas».
«A educación que recibe unha financiación pública das administracións públicas ten que ter a mesma corresponsabilidade á hora de atender as distintas demandas”
« Cando un centro recibe fondos públicos ten que ser corresponsable, impedindo a segregación».
«Que sexa o claustro quen decida de forma colexiada se un alumno pasa de curso, aínda que teña suspendido varias materias. Unha práctica non só contemplada na LOMLOE, senón en anteriores leis como a impulsada polo ministro popular José Ignacio Wert. A promoción de curso non debe basearse só nos suspensos, senón no nivel de adquisición de competencias e coñecementos».