Antón Baamonde: a mirada melancólica

Afirma Manuel Cruz1 que é importante puntualizar entre a mirada cargada de nostalxia e a mirada cargada de melancolía. Para o filósofo, os nostálxicos serían aquelas persoas para os que, consumíndose na añoranza do sucedido, o pasado sería o lugar onde quedarse a vivir. Pola contra, para os meláncolicos, aqueles que añoran o que pudo haber sido e non foi, o pasado sería o lugar do que escapar, a palanca para proxectarse, experiencia mediante, hacia o futuro.

Ler a Antón Baamonde implica, sen dúbida, introducirse nesa mirada melancólica. Implica atoparse cun autor que, na análise da realidade que o circunda, busca atopar esas palancas que nos permitan a desexada proxección hacia o futuro. Non é pois unha mirada nostálxica dun pasado que foi o non foi o que pretendiamos que fora, nin siquera unha ollada diletante do presente. Os textos de Antón necesitan da complicidade do lector para instalarse, na vida, con espíritu crítico e, dende ahí, deseñar a acción.

Se a cultura, como indica Michael Oakeshott, debe entenderse como un conxunto de conversas protagonizadas por voces diferentes, Antón Baamonde é unha desas voces que merecen ser escoitadas con atención.

Quede, como proba do dito, o seu último artigo publicado no xornal dixital eldiario.es que podedes ver aquí, ou pulsando na imaxe inferior.

1 Manuel Cruz. Democracia, la última utopía. Editorial Espasa. 2021.

Grazas por compartilo nas túas redes:

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *