Citando a Castelao no Congreso: as linguas propias nas convocatorias públicas

Castelao

Na Comisión de Cultura do pasado 19 de outubro de 2021, tiven ocasión de citar as palabras de Castelao pronunciadas no Pleno do Congreso do 18 de setembro de 1931, co gallo do debate previo á redacción da Constitución da II República en 1931.

Naquela ocasión, Castelao deixou no salón de plenos unha magnífica peza en defensa do idioma galego, pero extensiva a calquera idioma, singularmente as linguas minoritarias e minorizadas, da que destaquei a seguinte cita:

Pero el idioma, más que un medio de expresión, es una fuente de arte, es el vehículo del alma original de un pueblo y, sobre todo, es en sí una gran obra de arte que nadie debe destruir.

Castelao, 18-IX-1931, Congreso de Deputados

A intervención na Comisión de Cultura viña a conto da “Proposición non de Lei relativa á inclusión das lenguas propias recoñecidas nos estatutos de autonomía naquelas convocatorias públicas estatais de axudas, subvencións ou premios que estean destinadas a traballos que empreguen as distintas linguas do Estado”, presentada por Unidas Podemos, que contou cunha enmenda do Grupo Socialista e un texto transaccional final que foi finalmente o texto aprobado e que podedes ver aquí ou pulsando na imaxe.

Pulsade para acceder á imaxe.

Unha iniciativa que pretende que as axudas, premios e subvencións das convocatorias estatais non só se destinen ás linguas cooficiais (galega, vasca e catalana), senón que inclúan tamén a aquelas linguas recoñecidas nos Estatutos de Autonomía das respectivas Comunidades Autónomas, como son os casos do bable en Asturias, do leonés en Castilla-León ou das linguas de Aragón.

Deixo aquí o vídeo da miña intervención, cita final de Castelao incluída, e amais, e máis importante, o Diario de Sesións completo do 18 de setembro de 1931, onde pódese ler o texto completo da intervención de Castelao, pero tamén as intervencións, no tema das linguas, de persoeiros da talla de Otero Pedrayo ou Miguel de Unamuno que vos convido a ler.

Pulsade na imaxe para ir ao documento.
Grazas por compartilo nas túas redes:

1 Response

  1. Xaime Toxo di:

    Emocionante intervención.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *