Acerca do autor:

Son mestre e licenciado en Pedagoxía. Dende o ano 1979 exerzo na escola pública, sendo o meu posto actual o de Orientador Escolar. Son militante do PSdeG-PSOE e da UGT dende hai máis de 40 anos.

Teño ocupado os seguintes postos de ámbito político, orgánico e sindical:

Concello de Pontevedra: concelleiro entre os anos 1999 e 2005, sendo no segundo mandato responsable da Área de Educación.

Parlamento de Galicia: deputado por Pontevedra e portavoz de Educación do Grupo Parlamentario Socialista entre os anos 2005-2009, no goberno de Emilio Pérez Touriño e, no período 2009-2011, na oposición no primeiro goberno de Núñez Feijóo.

Cortes Xerais-Congreso de Deputados: deputado por Pontevedra na X, XI, XII, XIII e XIV lexislaturas, na última delas como membro da dirección do Grupo Parlamentario Socialista

PSdeG-PSOE: ocupei a Secretaría de Educación na Comisión Executiva Nacional Galega (CENG) entre os anos 2008 e 2012. No período 2013-2018, Secretario de Política Institucional da CENG na Executiva. Membro da Comisión Executiva da Agrupación Socialista de Pontevedra en distintas ocasións, actualmente como Secretario de Política Municipal.

FETE-UGT:  entre outros cargos, membro da Comisión Executiva Galega de FETE-UGT-Galicia, non poño os anos porque xa non os recordo.

ESCOLA VIVA: membro fundador do Movemento de Renovación Pedagóxica “Escola Viva” e coordinador e colaborador das  “Escolas de Verán” e Programas de Cursos deste MRP.

Guillermo Meijón Couselo

Grazas por compartilo nas túas redes: