Mai 18, 2012 - Sen categoría    Sen Comentarios

ataque sen precedentes ao ensino público.- Galicia como campo de probas

Espléndida análise a realizada por Nova Escola Galega (NEG) acerca da situación actual do ensino público, nomeadamente en Galicia, pero tamén do que acontece no conxunto do estado. Non podedes deixar de botarlle unha ollada ou, mellor dito, de proceder a unha lectura reflexiva dun contido tan realista como rigoroso. Parabéns para NEG!.

Como adoito facer, déixovos coa introducción do artigo convidándovos a que non deixedes de utilizar o enlace á totalidade do mesmo. Simplemente pulsade na imaxe da esquerda.

Está próximo a rematar un curso que posiblemente abrirá unha fenda difícil de superar no que se refire ao calado das decisións adoptadas polas administracións educativas, tanto polo goberno da Xunta canto polo do Estado, en plena sintonía para esquilmaren o que coñeciamos como servizo público de educación.

Nuns meses chegará tamén á súa fin a actual lexislatura, na que a comunidade educativa asistiu igualmente a un proceso de regresión que afecta a aspectos substantivos da educación pública galega e que ao longo deste tempo foron analizados por Nova Escola Galega en anteriores números do NEG Opina.

En relativamente pouco tempo comprobamos o efecto da acción política da dereita, que executa -coas necesarias adaptacións segundo circunstancias e territorios- un guión no que se combinan estratexias neoconservadoras con doses de liberalismo. Galicia e o ensino público galego amosáronse como campo de probas para mediren a resistencia do sistema nesta particular cruzada reformista amparada na coartada de darlle saída á crise económica.

Mai 17, 2012 - Sen categoría    Sen Comentarios

o prestixioso British Medical Journal denuncia a perda da UNIVERSALIDADE do Sistema Sanitario por mans de Rajoy.-

Non fai falta saber moito inglés, polo tanto ata Rajoy o entenderá, para traducir  o resumo que a prestixiosa revistas médica British Medical Journal fai do Real Decreto-ley 16/2012, de 20 de abril, de medidas urgentes para garantizar  la sostenibilidad del Sistema Nacional de Salud y mejorar la calidad y seguridad de sus prestaciones.

Aquí vai o titular co enlace á súa páxina web:

New legislation transform Spain’s health system from universal access to one based on employment.

Isto é: A nova lexislación transforma o Sistema de Saúde de España de ACCESO UNIVERSAL nun sistema baseado na empregabilidade.

Para os afeccionados, deixo o texto completo do resumo do artigo de BMJ. Sinto non traducilo, pero eu son de francés. Podedes utilizar Google Translate.

Spain’s public health service is to shift from one that provides universal coverage through general taxation to a system funded through social security contributions, after the conservative People’s Party government of Mariano Rajoy passed new legislation.

Although the new law represents a major change to the General Health Act that established Spain’s national health service in 1986, the legal mechanism chosen by the government was a royal decree, which does not require parliamentary debate.

The so called “royal decree on urgent measures to ensure the sustainability of the national health system and improve the quality and safety of its services” includes decisions previously taken by the Inter-territorial Council on 18 April and on 20 April by the cabinet.1 Among other things, these measures extended drug copayments and limited illegal immigrants’ access to healthcare.

Ler o artigo completo significa ser subscriptor da revista. Hai que chamar a un médico amigo, pero neste momento non teño acceso.

Mai 17, 2012 - Sen categoría    Sen Comentarios

a inmolación da educación pública e o manifesto dos rectores.-

No día de hoxe, no día da inmolación do sistema educativo público nos altares do déficit, merced ao  Real Decreto-ley 14 /2012 , de 20 de abril , de medidas urgentes de racionalización del gasto público en el ámbito educativo que hoxe convalida o Partido Popular no Congreso, non está mal recordar o Manifesto elaborado pola Conferencia de Rectores das Universidades Españolas (CRUE) no que ao Ministro WERT chámanlle de todo menos «bonito».

Atención ao punto terceiro, onde,  con outras palabras, os rectores recórdanlle a Wert e ao goberno de Rajoy que «excelencia sen equidade é elitismo».

COMUNICADO DEL COMITÉ PERMANENTE AMPLIADO DE LA CRUE

Murcia, 3 de mayo de 2012. En referencia al Real Decreto-ley 14/2012, de 20 de abril, de medidas urgentes de racionalización del gasto público en el ámbito educativo, en el que se regulan las tasas y precios públicos de los estudios universitarios, la dedicación del profesorado y la gestión económica de las universidades, el Comité Permanente Ampliado de la CRUE quiere manifestar lo siguiente:

de manera clara y rotunda: “así no” vamos a mejorar nuestro sistema universitario
1.- Rechazar de forma rotunda el procedimiento seguido por el Ministerio de Educación, Cultura y Deporte, en el que medidas de vital importancia en el funcionamiento y gestión de las universidades, incluidas en el citado Real Decreto-Ley, han sido conocidas a través de los medios de comunicación y de su publicación en el Boletín Oficial del Estado.

2.- Solicitar al Sr. Ministro D. José Ignacio Wert la convocatoria urgente del Consejo de Universidades, e incluir en el Orden del Día el estudio del Real Decreto-Ley aludido, al objeto de que las universidades puedan trasladar al Ministerio sus opiniones sobre cuestiones de tanta trascendencia para el sistema universitario.

3.- Rechazar categóricamente los argumentos defendidos por el Ministerio que apuntan al insuficiente trabajo de profesores y estudiantes para justificar las medidas incluidas en el Real Decreto-Ley.
La preservación de la excelencia académica y la paralela satisfacción del principio de igualdad de oportunidades no encuentran, por contra, enunciación explícita en la citada norma.

4.- Trasladar al Ministerio de manera clara y rotunda que “así no” vamos a mejorar nuestro sistema universitario, reiterando una vez más nuestra voluntad de colaborar en el estudio de las reformas necesarias que permitan que el sistema universitario español mantenga un desempeño comparable al de los mejores sistemas universitarios en el mundo.

Mai 15, 2012 - Sen categoría    Sen Comentarios

Bankia e Millóns, Rosa Montero e Almudena Grandes.- crónica dun erro matemático

Este artigo nace a conta dun repetido erro matemático que moitas veces se escoita polas rúas, que se difunde con demasiada facilidade polas redes, e que non deixa de ser bastante increíble porque todo nace de facer mal unha sinxela conta de dividir.

Ollade este cartel sobre os millóns que o Goberno de Rajoy pensa inxectar en Bankia:

Fagamos ben as contas: 10.000 millóns de euros, entre 40 millóns de habitantes, resulta un cociente de 250 euros.  NON de 250 millóns!.

A cousa cambia bastante, non sí?.

Sen embargo, como dicía ao principio, son abondosos os exemplos que circulan con este mesmo tipo de erro. Sen ir máis lonxe, no diario EL PAÍS, o 12 de xaneiro de 2009, Almudena Grandes escribía o seguinte:

«Ejercicio de economía recreativa. Fácil, limpio, instructivo, para cualquier edad. No precisa más que una calculadora, un cuaderno, un lápiz y una goma. El experimento consta de tres fases, y la primera es una simple división, 775.000 millones entre 6.700 millones. Si la realiza, obtendrá como resultado 115, con una serie de decimales que despreciaremos para simplificar. ¿Y dónde está la gracia?, se preguntará usted. La gracia está en que el dividendo representa los 775.000 millones de dólares del plan de reactivación económica diseñado por Obama. El divisor somos los 6.700 millones de personas que existimos en este planeta. Y el resultado son los 115 millones de dólares que nos tocarían a cada uno si los repartiéramos entre todos. ¿Lo prefiere en euros?, 84 millones por barba»

Pero claro, a cifra resultante da división son  115 dólares e pico. Logo o artigo  segue cun novo erro ao  indicar:

«Divida usted a mano, con las benditas tablas de toda la vida. ¿Cambia el resultado? No, ¿verdad? Haga la prueba, 115 millones por 6.700 millones. Por más que borre y multiplique, obtendrá siempre 770.500 millones»

Pero claro, millóns por millóns dan BILLÓNS. O resultado correcto son 770.500 BILLÓNS.

Hay que indicar en defensa de Almudena Grandes que ela mesma recoñoceu o seu erro  nunhas liñas  publicadas na sección de Cartas ao Director: «Quiero pedir disculpas a todos los lectores de ciencias, y a los de letras también, por mi ineptitud aritmética. He suspendido matemáticas muchas veces en mi vida, pero nunca lo he merecido tanto como después de escribir mi columna».

Pulsade AQUÍ para ver o texto completo de Almudena Grandes: «EXPERIMENTO».

Curiosamente, no mesmo xornal, días antes, o 23 de decembro de 2008, Rosa Montero denunciaba un erro similar que circulaba por Internet:

«Circula estos días por Internet un cálculo hecho por un norteamericano. El tipo coge los 700.000 millones de dólares que EE UU va a dar a la banca, y los divide por los 6.700 millones de humanos; y dice que sale a «104 millones de dólares por cabeza», cosa que, como es natural, le parece terrible. La cuenta está mal hecha (en realidad son 104 dólares), pero, a pesar del fallo garrafal, esta tontuna está siendo un éxito en la Red, porque roza la oscura inquietud que todos sentimos, el malestar de ver tirar tanto dinero.»

Pulsade AQUÍ para ver o texto completo de Rosa Montero: «EL TÓPICO».

Coincido plenamente coa última frase de Rosa Montero. Certo é que o que está acontecendo actualmente roza, mellor casi sería dicir colisiona, a oscura inquedanza que todos sentimos, pero, e ao mesmo tempo, non estaría de máis darlle un repaso ás matemáticas.

 

Mai 14, 2012 - Sen categoría    Sen Comentarios

PP-Próximo Pleno= DEMOLICIÓN da Educación e a Sanidade PÚBLICAS.-

Curioso ou fatídico, pero efectivamente PP tamén son as iniciais de Próximo Pleno. E no Congreso, no Próximo Pleno que comeza o vindeiro mércores, 16 de maio de 2012, véspera -para máis INRI- do Día das Letras Galegas, o PARTIDO POPULAR levará para a súa validación dúas armas de destrucción masiva de dous Servicos Públicos Básicos e Esenciais que con tanto esforzo da cidadanía deste país conseguimos levantar nunha década, na dos 80, na que tamén estabamos en crise.

Paradóxico que a Sanidade e a Educación Públicas se desenvolveran no noso país nunha época de crise, e que Servicos Públicos Básicos e Esenciais que con tanto esforzo da cidadanía deste país conseguimos levantar nunha década, na dos 80, na que tamén estabamos en crise, e que sexa noutra época de crise económica cando se pretenda proceder ao seu desmantelamento. Perdón, paradóxico non, IDEOLÓXICO.

Nos anos 80, todos recordaremos a reconversión industrial, as folgas sindicais, os cinturóns ben apretados da maioría das familias deste país, os niveis de paro,… e aínda así, e ao mesmo tempo que se loitaba e traballaba pola recuperación economica do país, houbo a coraxe e a decisión política de camiñar na dirección na que o facían os países do norte de Europa.e afortalar un Estado do Benestar a base de afortalar e consolidar os Sistemas Educativos e Sanitarios Públicos. Iso sí, tamén por motivos IDEOLÓXICOS dun goberno socialista que apostaba porque este país camiñara na dirección na que o facían os países do norte de Europa.

O Próximo Pleno (P.P.), o PP, como antes sinalaba, leva na súa Orde do Día dous Decretos definidos do seguinte xeito:

Real Decreto-ley 14/2012, de 20 de abril, de medidas urgentes de racionalización del gasto público en el ámbito educativo.

Real Decreto-ley 16/2012, de 20 de abril, de medidas urgentes para garantizar la sostenibilidad del Sistema Nacional de Salud y mejorar la calidad y seguridad de sus prestaciones.

Como vedes, unhas definicións que son bo exemplo do NOVO VOCABULARIO do PP, todo se presenta como positivo: RACIONALIZACIÓN, SUSTENTABILIDADE, MELLORA DA CALIDADE, SEGURIDADE DAS PRESTACIÓNS. Pero non enganan a ninguén, a GOOGLE tampouco, basta con que poñades como palabras a buscar RECORTES EDUCACIÓN ou RECORTES SANIDADE, para que Google vos remita a todo un conxunto de novas que falan destes decretos.

Por certo, se alguén quere lelos na súa integridade, tan só precisa pulsar nas imaxes que aparecen neste artigo co logo do BOE.

Páxinas:1234567...26»