Autor: Guillermo Meijón

Vaca rumia ou… “do socialismo sáese”

Vaca rumia ou… “do socialismo sáese”O que realmente avanza, silenciosa pero constante, é a privatización. E aínda que se intente que “caia” por outro sitio menos audible, o seu cheiro é inconfundible para quen presta atención

Desculpen se a memoria me traizoa, pero de neno escoitaba ao meu pai imitar a Pepe Iglesias “El Zorro”, exitoso humorista arxentino que daquela soaba pola radio: “Vaca pasea, vaca pace, vaca come, vaca mastica, vaca rumia… y va-ca-yendo”. Moito facíame rir imaxinar o percorrido… Ler máis →
Por que demo o pato Donald quere cazar ao León?

Por que demo o pato Donald quere cazar ao León?A película deixa de ser unha metáfora visual para converterse nunha lectura do poder: non destruílo, senón apropiarse do seu símbolo, da súa autoridade, do seu papel.

Imaxínense unha animación clásica de Disney. Música de fondo. Pomposa. Esaxerada. Creando unha atmosfera a un paso do ridículo. Fanfarria. Escena primeira. Primeiro plano: o pato Donald. Pero non vestido como sempre. Non co seu clásico estilo mariñeiro. Porta o atavío dun cazador de postal… Ler máis →
Cando votar volve a ser un privilexio

Cando votar volve a ser un privilexioA lei preséntase como un escudo contra unha fraude estatisticamente irrelevante, pero funciona como un filtro económico e burocrático contra os máis vulnerables

Nas municipais de 1891, catro obreiros socialistas gañan as urnas e perden as cadeiras. Entran na sala de plenos como quen entra nun club privado. Os votos trouxéronos ata alí, pero o mobiliario non semella feito para eles. Votaron 2.000 homes dos 10.000 con dereito.… Ler máis →
escola de ferrado
Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.