Última actualización: 08/08/2026
1. Responsable do tratamento
O responsable do tratamento dos datos privados recollidos neste sitio web é:
Nome: Guillermo Meijón Couselo
Sitio web: www.escoladeferrado.es
Correo de contacto: guillermomeijon@escoladeferrado.es
2. Que datos recollemos e con que finalidade?
Comentarios: Cando deixas un comentario no blog, recóllense os datos do formulario de comentarios, alén da túa dirección IP e a cadea de user-agent do navegador, como axuda para a detección de spam. Unha cadea anónima creada a partir da túa dirección de correo electrónico (tamén chamada hash) pode ser proporcionada ao servizo Gravatar para ver se a estás usando. A política de privacidade do servizo Gravatar está dispoñible aquí: https://automattic.com/privacy/. Despois da aprobación do teu comentario, a túa foto de perfil é visible para o público no contexto do teu comentario.
Cookies: Este sitio utiliza cookies técnicas necesarias para o seu funcionamento, e mostra un aviso de consentimento de cookies ao acceder por primeira vez (xestionado mediante o plugin “Compliance by Hu-manity.co”). Se tes unha conta e conéctaste a este sitio, instalarase unha cookie temporal para determinar se o teu navegador acepta cookies. Esta cookie non contén datos privados e elimínase ao pechar o navegador.
Estatísticas de visitas: Este sitio utiliza Jetpack (de Automattic) para xerar estatísticas anónimas de tráfico e visitas, co fin de entender como se usa o blog. Podes consultar a política de privacidade de Automattic en: https://automattic.com/privacy/.
Fontes tipográficas: As fontes utilizadas neste sitio están aloxadas no noso propio servidor. Non se realiza ningunha petición a servidores externos (como Google Fonts) para mostrar o contido, polo que non se comparte a túa dirección IP con terceiros por este motivo.
Idioma: Este sitio é bilingüe (español/galego) mediante o plugin Polylang, que pode gardar a túa preferencia de idioma nunha cookie técnica para mostrarche o contido no idioma elixido.
3. Contido incrustado doutros sitios web
As entradas deste sitio poden incluír contido incrustado (por exemplo vídeos, imaxes, artigos, etc.). O contido incrustado doutras webs compórtase exactamente do mesmo xeito que se o visitante visitase a web de orixe. Estas webs poden recompilar datos sobre ti, usar cookies, incrustar un código de seguimento adicional de terceiros, e monitorizar a túa interacción usando este código.
4. Canto tempo conservamos os teus datos
Se deixas un comentario, o comentario e os seus metadatos consérvanse indefinidamente, para poder recoñecer e aprobar automaticamente comentarios posteriores, en lugar de deixalos na cola de moderación.
5. Os teus dereitos
Se deixaches comentarios neste sitio, podes solicitar recibir un arquivo de exportación dos datos privados que temos sobre ti, incluíndo calquera dato que nos facilitases. Tamén podes solicitar que eliminemos calquera dato privado que teñamos sobre ti, salvo que esteamos obrigados a conservalo por motivos administrativos, legais ou de seguridade. Para exercer estes dereitos (acceso, rectificación, supresión, oposición, limitación ou portabilidade), podes escribir a guillermomeijon@escoladeferrado.es.
Onde enviamos os teus datos
Os comentarios dos visitantes poden pasar por un servizo automático de detección de spam.
7. Akismet
Este sitio utiliza Akismet para filtrar os comentarios de spam. Os datos do comentario (contido, dirección IP, axente de usuario do navegador e dirección de correo) envíanse a Akismet (Automattic) para a súa análise. Podes consultar a política de privacidade de Akismet en: https://automattic.com/privacy/.