Comentábanme, hai xa anos, que a un médico español que realizaba unha estancia nun gran hospital privado nos EEUU houbo algo que lle sorprendeu excesivamente o primeiro día que chegou ao centro. Ese algo era ver aos seus colegas médicos falando sós polos corredores do... Ler máis →
Walter Benjamin, filósofo alemán de orixe xudía e un dos grandes intelectuais do século XX, falecía en territorio español o día 26 de setembro de 1940. As verdadeiras causas da súa morte están envolvidas no misterio. Sábese que, con outros compañeiros, fuxiu de Francia e... Ler máis →
Veño de ler a novela de Xaime Toxo, “70º Norte”, recén saída do forno. Unha obra na que podemos ler na súa contraportada, acompañando a foto do seu autor, o seguinte texto: O colapso social acontece nas grandes áreas metropolitanas indiferentes ao que non sexa... Ler máis →
Corría o ano 1945 cando Clement Attlee, primeiro ministro de Gran Bretaña, estableceu a medida da repartición de leite nas escolas. Concretamente, media pinta de leite para cada estudante de 7 a 11 anos. Desa forma asegurábase que os nenos e nenas das familias máis vulnerables... Ler máis →
No seu libro «La libertad democrática», Daniel Innerarity escribe o seguinte: “Nas sociedades avanzadas non adoita haber vitorias ou derrotas, senón algo que poderiamos chamar «rendicións recíprocas», acordos ao redor do que uns e outros, conscientes de que os programas de máximos son inalcanzables, poden... Ler máis →
Levamos xa demasiados anos vivindo baixo os postulados do mercado segundo os principios da economía neoliberal. Un modelo económico que se viu corrixido e aumentado por mor da apertura dos mercados nacionais á globalización. Este modelo baseado no consumo como único motor de crecemento da... Ler máis →
Unha historieta gráfica en catro viñetas. Os textos de cada unha delas (acompañados do correspondente debuxo) son elocuentes. O tres primeiros din así: «Récord de Calor, Récord de Tormentas, Récord de Inundacións». Na última delas, o texto é: «Récord de Idiotez». E o debuxo representa... Ler máis →
Preguntaba un xornalista a Gregorio Marañón acerca de cal era, en medicina, a innovación máis importante dos últimos anos. A resposta do insigne doutor non se fixo esperar: «A cadeira, a cadeira que nos permite sentarnos á beira do paciente, escoitalo e exploralo». Esa magnífica... Ler máis →