Escola de Ferrado

Política de vales. E quen gañará a batalla?

Na revista estadounidense The Nation, nun recente artigo asinado polos expertos en educación Jennifer C. Berkshire e Jack Schneider, podíase ler o seguinte: «Noutras palabras, non se trata simplemente de que os vales [para pagar a matrícula nas escolas privadas] subsidien a familias afortunadas e non a familias necesitadas. É...

O Mayor, a Madre, o Conselleiro e a IDA

O pasado día catro de decembro, nun colexio concertado –é dicir, financiado con fondos públicos- daba unha conferencia como invitado o exministro do Interior, Jaime Mayor Oreja. No devandito acto, Mayor Oreja ofreceu ao alumnado perlas do seguinte tenor: 1.- Que ETA é o capitán xeral deste actual proceso suicida...

Nacer cun Loctite debaixo do brazo

«Nacer cun pan debaixo do brazo», un dito que todos escoitamos unha e mil veces, parece que xa non ten lugar na nosa sociedade. O “cianocrilato”, ese pegamento instantáneo que afacemos denominar a través das marcas que o popularizaron, "Loctite" ou "SuperGlue", parece tomar o lugar do pan. Os datos...

Docentes falando sós polos corredores

Comentábanme, hai xa anos, que a un médico español que realizaba unha estancia nun gran hospital privado nos EEUU houbo algo que lle sorprendeu excesivamente o primeiro día que chegou ao centro. Ese algo era ver aos seus colegas médicos falando sós polos corredores do hospital. Sorprendido por este feito...

O «parlamonio» de Benjamin ao Congreso

Walter Benjamin, filósofo alemán de orixe xudía e un dos grandes intelectuais do século XX, falecía en territorio español o día 26 de setembro de 1940. As verdadeiras causas da súa morte están envolvidas no misterio. Sábese que, con outros compañeiros, fuxiu de Francia e chegou a Portbou (Girona), pobo...

70º Norte: Acubillando a distopía

Veño de ler a novela de Xaime Toxo, “70º Norte”, recén saída do forno. Unha obra na que podemos ler na súa contraportada, acompañando a foto do seu autor, o seguinte texto: O colapso social acontece nas grandes áreas metropolitanas indiferentes ao que non sexa o seu propio ritmo desaforado...

A Escola Pública e os ladróns de leite

Corría o ano 1945 cando Clement Attlee, primeiro ministro de Gran Bretaña, estableceu a medida da repartición de leite nas escolas. Concretamente, media pinta de leite para cada estudante de 7 a 11 anos. Desa forma asegurábase que os nenos e nenas das familias máis vulnerables mellorasen a súa nutrición. Lembremos...

BNG-PSOE.- Rendicións Recíprocas

No seu libro «La libertad democrática», Daniel Innerarity escribe o seguinte: “Nas sociedades avanzadas non adoita haber vitorias ou derrotas, senón algo que poderiamos chamar «rendicións recíprocas», acordos ao redor do que uns e outros, conscientes de que os programas de máximos son inalcanzables, poden considerar aceptable”. Creo que é...