Escola de Ferrado

Eutanasia: unha bala na recámara

Publicado no Diario de Pontevedra, 29-xuño-2022 Unha bala na recámara. Esta contundente afirmación de Rafa utilizábaa a miña compañeira María Luisa Carcedo, no Pleno do Congreso de Deputados, no debate final da Lei de Eutanasia que resultaría aprobada por 202 votos a favor, 141 en contra e 2 abstencións. Era...

Goberno feble? Vai ser que non.

Unha frase demasiado manida, un leitmotiv permanente utilizado polas forzas de dereita e ultradereita de modo persistente é a presunta debilidade do actual goberno de coalición encabezado por Pedro Sánchez. Ese goberno ao que gustan denominar como goberno socialcomunista, aínda que non me estrañaría que pronto sumen aquilo do contubernio...

Reescribindo a Marx: Tesis XI

Nun recente e excelente artigo, Manuel Cruz, gran filósofo e compañeiro de fatigas na política cotiá, fai referencia á tese XI de Karl Marx sobre Feuerbach e propugna a súa reformulación. “Nada depende xa de nós” é o indicativo título de tal artigo publicado en La Vanguardia. Lembremos o literal...

Sanidade, Educación, Dependencia,… qué pretende privatizar o novo PP?

O de baixar impostos sempre foi un mantra dos sectores máis conservadores (agora tamén da ultradereita) que nestes días xorde de novo con gran forza unha vez que “o novo líder do novo PP” erixiuse no seu máximo defensor. Non hai mitin, debate, entrevista ou mensaxes en redes sociais nos...

Confianza nos docentes ou volta ao 100-27-3: ¿Debe repetir Xan?

Xan é un alumno que no último trimestre de terceiro curso de Educación Secundaria tivo a desgraza de caer gravemente enfermo, non poder acudir ao seu centro educativo nin, dadas as características da enfermidade, poder dispor dun seguimento completo das clases ás que só se puido incorporar a poucos días...

COVID-19 e vacinas:
– Fuenteovejuna, señor!

Hai iniciativas que se producen no transcurso dunha lexislatura que sen dúbida levan o sinal do goberno que as propón. Así, por exemplo, podemos citar a lei de eutanasia, o ingreso mínimo vital, o incremento das pensións de acordo co IPC, como logros achacables directamente ao goberno presidido por Pedro...

O pé esquerdo de Feijoó, políticas de que pasado e para que mañá?

Non semella que Núñez Feijóo, o líder "in péctore" do que eles mesmos denominan novo Partido Popular, se levantara con bo pé na asunción da súa aclamada presidencia. Dá toda a sensación de que se levantou co pé esquerdo, cuestión que, obviamente, non ten nada que ver coa súa ideoloxía e si co mal...

Estariamos mortos (que pacientes temos na mesa?)

A pregunta non é baladí, que paciente temos na mesa?, e a resposta non pode ser máis clara: o paciente somos cada un de nós e do tratamento administrado dependerá que sigamos ou non con vida. Esta reflexión xorde da relectura dunha entrevista realizada a Emilio Ontiveros en maio de...