Tan só no que afecta a materia climática, a lexislación que recentemente conseguiu aprobar o presidente de EEUU, Joe Biden, implica un investimento de 370.000 millóns de dólares nos próximos dez anos. Eficiencia enerxética e tecnoloxías de enerxía limpa son as dúas grandes liñas que a través de subvencións fiscais...
A inflación que estamos a sufrir en España e en Europa articula un forte debate en canto ás subidas que debesen experimentar os salarios e as pensións para poder compasar a nosa capacidade adquisitiva ao ritmo dos custos da vida. O discurso actual promovido desde a dereita económica está a...
«Alternative facts», isto é, “feitos alternativos”, ese foi o concepto acuñado por Kellyanne Conway, conselleira do expresidente Trump, cando tivo que defender a falsidade declarada por Sean Spicer, Secretario de Prensa da Casa Branca. Spicer indicara un número de asistentes á investidura do presidente dos Estados Unidos que de ningún...
Comezo con este libro de Stefan Zweig, "Os ollos do irmán eterno", unha segunda edición da serie á que xa denominei o pasado ano como "Lecturas pendentes de verán". Se algo boto de menos na vida política do Congreso é, precisamente, a falta de tempo para gozar do pracer de...
Unha das alegrías de participar nos cursos da UIMP (ver artigo anterior) foi o haberme atopado alí ao meu admirado e bo amigo Pedro Badía, un loitador incansable en todo o que teña que ver coa defensa do noso sistema educativo público e un sindicalista de raza, dos que seguimos...
Nun encontro casual no aeroporto, o meu bo amigo José Moya tivo a xentileza de convidarme ao curso que, dirixido por el, tivo lugar esta semana na Universidade Internacional Menéndez Pelayo (UIMP). Pola miña banda, recollín a luva e o pasado luns, Día de Galicia, planteime en Santander, no Palacio...
No Madrid das liberdades de Díaz Ayuso gábanse, como acto de xustiza social, de conceder bolsas para asistir a centros privados de educación a aquelas familias cuxo salario anual alcance os 107.739 euros (caso de ter un único fillo), o que significa un salario mensual para cada membro da parella...
Non dubidou o agora presidente do Partido Popular e flamante xefe da oposición, Alberto Núñez Feijóo, de tachar de “apartheid lingüístico” a situación na que se atopa o castelán en Cataluña. De paso, tampouco aforrou palabras para encomiar a súa xestión sobre a cuestión lingüística en Galicia, o que denominou como “bilingüismo cordial”,...