Pedro Badía, incombustible na defensa da escola pública

Unha das alegrías de participar nos cursos da UIMP (ver artigo anterior) foi o haberme atopado alí ao meu admirado e bo amigo Pedro Badía, un loitador incansable en todo o que teña que ver coa defensa do noso sistema educativo público e un sindicalista de raza, dos que seguimos crendo no importante papel do sindicalismo de clase na arquitectura democrática do noso país.

Pedro Badía, que se atopaba na UIMP como relator do curso “A transición dixital, unha oportunidade para a formación, a economía e o emprego”, tivo a ben entregarme uns números de dúas revistas dedicadas á educación e á formación: ASPASIA e INNOVAMOS. A miña sorpresa foi que ao ver os consellos editoriais das dúas publicacións, o nome de Pedro Badía figuraba en ambos. Un Pedro Badía que se involucra constantemente en novos proxectos relacionados coa educación, a formación e o emprego, aínda que non sei de onde pode sacar o tempo. Por certo, non son estes os únicos enredos nos que anda metido, pero quedémonos hoxe con estes dous.

Déixovos os enlaces aos números de ámbalas revistas, abonda con que piquedes na imaxe da súa portada, e destacarei algún dos seus artigos tratando de conseguir que non vos falten ganas de acudir a botarlles unha ollada.

ASPASIA:

  • A Formación Profesional en España (1924-2022).
  • Breve percorrido histórico.Entrevista a Pilar Alegría Continente, ministra de Educación e FP.

INNOVAMOS:

  • (In)equidade educativa e (in)mobilidade social.
  • Manual de recortes
Grazas por compartilo nas túas redes:

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *