← Volver ao inicio
POLÍTICA · · 2 min de lectura

Desafección Política e Deterioro Democrático: <strong>Cui prodest?</strong>

Desafección Política e Deterioro Democrático: Cui prodest?

“O custo de tanta escandalera”, así reza o título dun artigo que Manuel Cruz ven de publicar hai uns días no xornal “La Vanguardia” e que podedes ver aquí. Un breve artigo, catro párrafos, nos que o autor apunta un inquietante panorama:

  • Na esfera da política xa non residiría o núcleo do poder.
  • A política pasa a ser unha mera forma de espectáculo.
  • A crispación e os exabruptos en política son irrelevantes e sen custo para os seus autores.
  • Ergo, a ciudadanía non se toma en serio a política: DESAFECCIÓN

Non se pode dicir tanto en tan poucas liñas, a política convertida nunha paisaxe desoladora, cun elevado grao de desafección por parte da ciudadanía. En definitiva, todos os síntomas dun grave deterioro democrático. Acadando -cecáis- o punto de non retorno?

Sen embargo, Cruz sinala un feito incontestable, un argumento obxectivo, que ben debera obligarnos a pensar o contrario: a xestión da crise da pandemia comparada coa saída da crise iniciada no ano 2008. Sen dúbida dúas formas ben distintas de responder dende a política a situacións vitais que afectaron e afectan de cheo á cidadanía. Reflexionar sobre esta cuestión permitiría concluir a cuestión con esta frase que o filósofo destaca no seu artigo:

Hai que regresar á idea de que a política pode afectar para ben á vida dos cidadáns.

Comparto con Manuel Cruz a racionalidade que debera facernos entender a cada un de nós a importancia real da política nas nosas vidas, pero tamén coincido con él na visión dun panorama actual que semella pretender todo o contrario. A pregunta clave segue a ser a clásica: Cui prodest? (A quen beneficia?).

Unha pregunta, cui prodest?, cuxa resposta todos podemos albiscar e reflicte un negro panorama, porque se algo resulta evidente é que as clases medias e traballadoras, xunto cos sectores máis vulnerables da sociedade, non son precisamente as beneficiarias da desafección política.

Queda na responsabilidade e no compromiso de todos e cada un de nós seguir loitando para que tal distopía non se produza

Engade un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

escola de ferrado
Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.