← Volver ao inicio
Sen categorizar · · 3 min de lectura

Reescribindo a Marx: Tesis XI

Reescribindo a Marx: Tesis XI

Nun recente e excelente artigo, Manuel Cruz, gran filósofo e compañeiro de fatigas na política cotiá, fai referencia á tese XI de Karl Marx sobre Feuerbach e propugna a súa reformulación. “Nada depende xa de nós” é o indicativo título de tal artigo publicado en La Vanguardia.

Lembremos o literal da tese XI de Marx: “Os filósofos non fixeron máis que interpretar de diversos modos o mundo, pero do que se trata é de transformalo”. Unha chamada á acción, á praxe, e unha ruptura do filósofo alemán contra aqueles que quedan no abstracto, concretamente contra Hegel e os idealistas.

Manuel Cruz, facéndose eco desa tese, convídanos a considerar a súa reformulación tomando en consideración a realidade dos tempos actuais en que nos toca vivir. Unha reformulación que resulta de extrema dureza, pero que, comparto con el, responde, cal fiel fotografía, ao momento polo que a humanidade está a atravesar.

Cruz, de forma modesta (segundo as súas propias palabras), transforma a tese XI deixándoa do seguinte modo: “Até agora os homes dedicáronse a tentar transformar a realidade, do que se trata a partir de agora é de que consigan sobrevivir a ela”.

Publicado no Diario de Pontevedra, 5/5/2022

Non pode estar máis atinada a frase para os tempos que corren. O primeiro que se nos pode vir á cabeza é o cambio climático, o perigo que algúns xa dan por irreversible de converter o noso planeta nun lugar no cal a raza humana, a vida en xeral, corran perigo de extinción. Pero pecariamos de reduccionistas si quedásemos aí.

A pandemia pola que estamos a atravesar faille lembrar a Manuel Cruz aqueles momentos nos que se dicía que sairiamos dela sendo mellores, “máis fortes, máis solidarios, máis responsables”, pero a realidade non parece apuntar nesta dirección.

O crecemento da desigualdade no mundo e, hai que dicilo, tamén no noso país, acelerouse coa pandemia. Os esforzos de solidariedade coas persoas e países máis vulnerables foron moito menores do que sería necesario. Por certo, unha solidariedade que non poucos achacaron, non á nosa conciencia, senón á necesidade dunha barreira protectora que nos afastase do virus aos sectores máis acomodados e aos países máis prósperos.

Unha realidade na que tampouco soubemos, poidemos ou quixemos abordar problemáticas globais como a fame negra, a seca ou o déficit sanitario e educativo dunha ampla xeografía do planeta.

Restablecer políticas baseadas en valores debese entenderse como cuestión prioritaria si, como nos lembra a reformulación da tese XI de Manuel Cruz, pretendemos conseguir sobrevivir á realidade que creamos. O fácil será botar a culpa a “os políticos”, pero isto sería o mesmo que utilizar a estratexia da avestruz, pretendendo ignorar que a política é reponsabilidad de todos e a cada un de nós, aínda que –seguramente- duns máis que doutros.

Manuel Escudero

Política con maiúscula baseada en valores e valores que deben impregnar todas as estruturas que a conforman. No seu libro “Nova socialdemocracia”, Manuel Escudero sinálanos que “un partido desideologizado é un partido que avanza ás alancadas cara á tecnocracia, é dicir que termina por pór o foco nas cuestións técnicas sobre a base de presupostos ideolóxicos conservadores, que avanza cara a políticas sen alma, baseadas en cálculos electorais de curto prazo ou de mercadotecnia e que, en consecuencia, perde o ímpeto reformador que hoxe necesita”.

Michel Foucault

Os socialistas debemos tomar boa nota destas palabras de Escudero, o sucedido en Francia co partido socialista, acompañado polo preocupante auxe da extrema dereita, é algo que necesita afrontarse desde a profunda reflexión dos partidos progresistas. A parresía debe ser a actitude desde a cal afrontar o necesario debate para que a alma, os valores do socialismo, non figuren ausentes das políticas públicas. Parresía no sentido que lle dá Michel Foucault, aquel en que “o falante usa a súa liberdade e elixe a franqueza no canto da persuasión, a verdade no canto da falsidade ou o silencio, o risco de morte no canto da vida e a seguridade, a crítica no canto da adulación e o deber moral en vez do auto-interese e a apatía moral”.

Engade un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

escola de ferrado
Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.