← Volver ao inicio
EDUCACIÓN, POLÍTICA · · 2 min de lectura

O Mayor, a Madre, o Conselleiro e a IDA

O Mayor, a Madre, o Conselleiro e a IDA

O pasado día catro de decembro, nun colexio concertado –é dicir, financiado con fondos públicos- daba unha conferencia como invitado o exministro do Interior, Jaime Mayor Oreja.

No devandito acto, Mayor Oreja ofreceu ao alumnado perlas do seguinte tenor:

1.- Que ETA é o capitán xeral deste actual proceso suicida de caída libre de España ao fronte da tropa formada por socialistas, comunistas e nacionalistas.

Diario de Pontevedra, 07/12/2023

2.- Que do mesmo xeito que a escravitude na súa época, o aborto é unha moda dominante que nos esclaviza. Como se pode meter un gancho e matar a unha persoa porque está no ventre da súa nai?.

3.- Que o atentado do 11-M, non importa quen o fixo, tivo como finalidade o cambio de rumbo de España. Unha España na que xorde o enaltecemento da autodeterminación na orde persoal. Te autodeterminas elixindo o xénero que queres, te autodeterminas para poder matar a través do aborto cando queiras, te autodeterminas para matarte cando che dea a gana a través da eutanasia.

4.- Que a partir de aí virá a segunda etapa, autodeterminación das comunidades autónomas. Os nacionalistas abusan así do complexo de inferioridade do resto dos españois.

5.- Que o que está en xogo é o debate entre os que creen nos fundamentos cristiáns (enténdese que os bos) e os defensores do relativismo, ou sexa, os que non creen en nada (enténdese que os malos).

A madre Cristina, por parte da congregación que dirixe o colexio concertado Cristo Rei, pechou o acto alentando a reanimarse e a saír do letargo.

O conselleiro de Educación, Emilio Viciana, defendeu o encaixe da charla porque, admitindo que a norma impide charlas de tipo político nos centros, Mayor Oreja leva un tempo retirado da vida pública e o acto conta co consentimento do claustro.

A presidenta da comunidade de Madrid, Isabel Díaz Ayuso (IDA), dixo non ter opinión. A mesma IDA que no seu día vetou unha charla da ministra de Igualdade nun instituto público porque «os centros están para aprender, non para adoutrinar».

De ser un chiste, sería daqueles que na súa parte inferior colocan un simple «SEN PALABRAS».

Engade un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

escola de ferrado
Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.