← Volver ao inicio
DEMOCRACIA, EUROPA, POLÍTICA · · 2 min de lectura

Donald Trump: «so schlag’ ich dir den Schädel ein»

Se Von Bülow ameazaba con canóns, Trump faio con aranceis e rupturas de tratados, pero o espírito é o mesmo: ou úneste á miña visión ou apártote do camiño. E, por se houbese lugar a dúbidas, exhibe o seu poderío militar.

Donald Trump: «so schlag’ ich dir den Schädel ein»|Se Von Bülow ameazaba con canóns, Trump faio con aranceis e rupturas de tratados, pero o espírito é o mesmo: ou úneste á miña visión ou apártote do camiño. E, por se houbese lugar a dúbidas, exhibe o seu poderío militar.

A cita completa é: «Und willst du nicht mein Bruder sein, so schlag’ ich dir dean Schädel ein», atribuída xeralmente a Bernhard von Bülow, pronunciada no Reichstag a finais do século XIX, e cuxo significado é o seguinte: “E se non queres ser o meu irmán, partireiche a cabeza”.

Von Bülow foi chanceler do Imperio alemán entre 1900 e 1909, baixo o reinado de Guillermo II, e pode considerarse un dos principais arquitectos da Weltpolitik, a política imperialista da Alemaña do káiser.

Diario de Pontevedra, 02/04/2026

Para Von Bülow, Alemaña tiña que escoller entre ser o martelo ou o yunque”: ou Alemaña golpeaba ou sería golpeada. Obviamente, escolleu ser o martelo e promoveu un gran rearmamento, especialmente naval, que deu paso a unha política exterior imperialista que poderiamos resumir do seguinte modo: ou úneste a nós e aceptas o noso liderado, ou atente ás consecuencias.

A Weltpolitik contrastaba coa política exterior da época de Bismarck, o seu antecesor, quen tratara de construír unha Alemaña apoiada nun sistema de alianzas e equilibrios de poder baseados en intereses mutuos. Von Bülow, pola contra, movíase baixo o principio de “ou estás comigo ou es o meu inimigo”.

Hoxe en día vemos en Donald Trump un fiel eco de Von Bülow. O seu estilo de negociación coercitivo, o seu desprezo polas institucións multilaterais e o uso da forza económica como ferramenta case única para lograr os seus intereses convérteno nun discípulo avantaxado daquela Weltpolitik. Se Von Bülow ameazaba con canóns, Trump faio con aranceis e rupturas de tratados, pero o espírito é o mesmo: ou úneste á miña visión ou apártote do camiño. E, por se houbese lugar a dúbidas, exhibe o seu poderío militar.

A historia dinos que, en contra do que pretendía Von Bülow, a resposta á Weltpolitik foi, entre outros factores, a creación do Tripla Entente: Francia, Inglaterra e Rusia uníronse para facer fronte á ameaza existencial que representaban as agresivas políticas da Alemaña do káiser. O chanceler alemán nunca creu posible esa unión, e ese foi o seu gran erro. Trump tamén pretende unha Europa dividida; esperemos non darlle a razón.

A resposta da Unión Europea, á que habería que engadir a de Reino Unido e Canadá, entre outros países, parece aínda demasiado débil. Conviría aprender da historia e dar un paso á fronte con maior firmeza, capaz de evitar os males maiores aos que poden conducirnos as políticas de Trump.

Engade un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

escola de ferrado
Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.