Si, en Davos, nese Foro deseñado e financiado polos ultrarricos do planeta, polos donos das grandes multinacionais e os CEOs dos fondos de investimento máis poderosos. Alí, todos eles puideron tomar a súa “ostraca” imaxinaria e escribir nela o nome do condenado ao ostracismo perpetuo:... Ler máis →
A escena penetra no noso cerebro como un lóstrego mortal. Unha muller cae, alcanzada por un disparo a queimarroupa perpetrado polos axentes do ICE, eses mozos de recentemente estreados uniformes, as súas lentes negras e un inconfundible estilo marcial de cerebros baleiros. De súpeto, ábrese... Ler máis →
Por desgraza, non falamos de cifras aleatorias nin tampouco de décimos de lotería. Son cifras que nos reflicten o lado máis escuro dun sistema que outorga privilexios con precisión de cirurxián e condena a equidade sen o máis mínimo pestanexo. O 1% máis rico do... Ler máis →
A educación inclusiva é moito máis que un modelo pedagóxico: é unha postura ética e social que busca garantir que todos os estudantes, sen importar as súas capacidades, xénero, orixe étnica, condición socioeconómica ou calquera outra diferenza, teñan acceso equitativo a unha educación de calidade... Ler máis →
Viviamos nós no segundo, e os meus tíos no primeiro. Cando chegaba decembro, os meus curmáns montaban un Belén que, desde a miña perspectiva infantil, era monumental. Nel, sobre unha montaña de pedras e musgo, alzábase o castelo de Herodes, feito de cartón pedra e... Ler máis →
Os congresistas entraban no Salón de Plenos do Congreso. Iniciaban un novo curso parlamentario. Tono serio, que sempre queda mellor na televisión, salvo algúns líderes empeñados en mostrar a súa traballada e branqueada dentadura. De súpeto, expectación: na tribuna, desafiante, aparece a figura ectoplasmática de... Ler máis →
Unha lúgubre cor bermellón asolagaba a habitación. Cortinas e colchas, cando se dispoñía delas ou chas prestaban, decoraban camas e xanelas. O celofán do queixo Trébol —si, o queixo de bóla— servía para tinguir as lámpadas. Vermello. Vermello na luz. Vermello na febre. Vermello na... Ler máis →
En Galicia, o lume non só devora bosques. Tamén consome a paciencia dos viaxeiros, a dignidade do transporte público e a decencia de quen ve na desgraza allea unha oportunidade de negocio. Mentres os montes de Ourense arden entre A Mezquita e A Gudiña, o... Ler máis →