A importancia capital de investir en educación temperá: 64.000 novas prazas públicas 0-3 anos

Mediante os fondos europeos do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia que o goberno adicará á educación, ver aquí, o Ministerio de Educación e Formación Profesional ven de anunciar a creación en tres anos de 64.000 novas prazas de Edución Infantil para o tramo de 0 a 3 anos, das cales 20.000 tomarán corpo no vindeiro curso 2021-22.

Estamos ante unha decisión de capital importancia para o noso sistema educativo no camiño da desexada meta de universalización desta etapa educativa, ao igual que xa aconteceno tramo de 3 a 6 anos de idade.

Convén recordar que, en España, a porcentaxe de escolarización actual na etapa 0-3 é dun 39,6% do potencial alumnado, unha cifra superior á media dos países da OCDE, situada no 25,5%, e a dos países das Unión Europea, que acada un 23,6%. Pese a esta boa posición respectos dos países do noso contorno, non podemos estar conformes co grado de escolarización actual, especialmente se temos en conta as grandes diferencias entre Comunidades Autónomas e, especialmente, que son as clases sociais máis vulnerables as que representan as cifras máis baixas de escolarización neste tramo de idade.

Non está de máis recordar aquí a chamada Curva de Heckman que indica que o investimento educativo no tramo de 0-3 anos acada a maior tasa de retorno para a sociedade.

Gráfico elaborado por quantitas.net

James Heckman, premio Nobel de Economía no ano 2000, despois de rigorosos estudios efectuados nos Estados Unidos, pero que resultan extrapolables a nivel xeral, conclúe que:

A intelixencia e as habilidades sociais se desenvolven a unha idade temperá, e ambas son esenciais para o éxito. 

O investimento temperá produce os maiores rendimentos en capital humano. 

Os rendimentos económicos de calidade proveñen de investimentos de calidade no desenvolvemento da primeira infancia.

Deixo aquí tres enlaces que poden resultar de interese. O primeiro é o enlace á nova do xornal EL PAÍS sobre o anuncio do Ministerio de Educación da creación das 64.000 prazas públicas de 0-3 anos. Os outros son enlaces a dous documentos de James Herckman cuxa lectura recomendo aínda que, como a min me sucede, se teña que recurrir ao traductor de Google. Para acceder a eles basta con pulsar nas imaxes.

Grazas por compartilo nas túas redes:

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *