4.687 millóns de euros para o Sistema Educativo do noso país
Sen dúbida unha gran nova para o noso país. Un investimento de 4.687 millóns de euros para o noso Sistema Educativo derivado do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, ver aquí, presentado polo Goberno de Pedro Sánchez e remitido á Unión Europea. Inversións que se concretan nos componentes 19, 20 e 21 do Plan e que conforman un conxunto de actuacións coas que afrontar e acelerar os retos pendentes da Educación do noso país.
4.687 millóns de euros que representan o compromiso dos socialistas co noso sistema educativo e, ademáis, o firme convencemento de que a educación é a mellor ferramenta para o desenvolvemento e a recuperación económica. O desglose das actuacións anunciadas pola Ministra de Educación, Isabel Celaá, pode verse no seguinte cadro:
Prego disculpas por non traducir ao galego o cadro anterior, pero non dispoño de tempo para refacelo. Podedes achegarvos á nota de prensa da rolda de prensa ofrecida pola propia Ministra de Educación, Isabel Celaá, pulsando aquí. E a continuación deixovos o vídeo da rolda de prensa dada pola Ministra de Educación e o Ministro de Universidades:
2 Responses
[…] do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia que o goberno adicará á educación, ver aquí, o Ministerio de Educación e Formación Profesional ven de anunciar a creación en tres anos de […]
[…] de Recuperación, Transformación y Resiliencia que el gobierno dedicará a la educación, ver aquí, el Ministerio de Educación y Formación Profesional acaba de anunciar la creación en tres […]