← Volver ao inicio
EDUCACIÓN · · 2 min de lectura

Segregación dende a escola: unha lacra do noso sistema educativo

Segregación dende a escola: unha lacra do noso sistema educativo
Pulsar na imaxe para acceder ao documento.

A publicación do informe “Diversidade e liberdade: Reducir a segregación escolar respectando a capacidade de elección de centro” pon diante dos nosos ollos a tremenda lacra que significa para o noso país o nivel de segregación do noso sistema educativo, singularmente en determinadas comunidades autónomas, con Madrid á cabeza de tan triste ranking.

España sitúase no terceiro lugar no índice que mide o nivel de segregación socioeconómica na educación primaria, superado únicamente por Turquía e Lituania. Un índice que indica a concentración do alumnado procedente de familias con escasos recursos ecónomicos e baixo nivel cultural nos mesmos centros educativos.

Por desgraza, non é algo que non se tivera denunciado en numerosas ocasións. Moitas veces temos advertido de que a suposta liberdade de elección de centro, reclamada reiteradamente polas forzas políticas de dereitas, non ten outro significado que a liberdade dos centros de seleccionar ao seu alumnado. Así, de forma continua, curso tras curso, pódese comprobar como os centros públicos asumen a meirande parte do alumnado con necesidades educativas específicas, de alumnado inmigrante ou de alumnado procedente das clases sociais máis vulnerables, nunha porcentaxe moi superior aos centros concertados.

A lei de educación promovida polo ministro Wert no período de goberno de maioría absoluta do Partido Popular, a LOMCE, promovía en gran medida o incremento da segregación no sistema educativo. A creación de centros educativos en función da denominada demanda social non tiña outra función. A nova lei, a LOMLOE, trata de corrixir esta situación, pero non será tarefa fácil. Compre que as Comunidades Autónomas asuman tamén o seu papel de garantes da equidade no sistema educativo e implementen as medidas necesarias para evitar que a segregación continúe de facto nos centros educativos.

De certo que a lectura deste informe, da autoría de Álvaro Ferrer e Lucas Gortázar, non deixará indiferente a ninguén, o cal non ten por qué significar que se teña que estar dacordo con todos os puntos planteados, especialmente con aqueles formulados como posibles solucións a un problema de por sí moi complexo e que quedan resumidos neste gráfico:

Aquí deixo o vídeo da presentación deste informe por parte dos seus autores, seguido dun interesante debate de expertos sobre o tema.

Comentarios

  1. 1.

    Pablo Casado e Díaz Ayuso: aniquilar a Escola Pública, aniquilar o Estado de Benestar. –: “[…] A norma que pretende impulsar Díaz Ayuso é un intento en toda regla, en nome do mendaz e reiterado relato arredor dunha suposta liberdade de elección, de impedir a aplicación da LOMLOE. Habería que recordar que a Comunidade de Madrid ten a triste honra de ocupar o primeiro lugar no que respecta a nivel de segregación do noso sistema educativo (ver aquí). […]”

Engade un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

escola de ferrado
Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.