← Volver ao inicio
SANIDADE · · 4 min de lectura

<strong>Comité de Bioética e Eutanasia</strong>: <p>deturpando un dereito? ÉTICA ou IDEOLOXÍA?</p>

Comité de Bioética e Eutanasia: deturpando un dereito? ÉTICA ou IDEOLOXÍA?

Veño de ler un excelente e oportuno artigo da miña compañeira de escano, María Luisa Carcedo, exministra de Sanidade e secretaria de Sanidade e Consumo do PSOE, acerca do Informe do Comité de Bioética sobre a Eutanasia e a Obxección de Conciencia, artigo que da pé a esta entrada dada a importancia e a significación que, sen dúbida, ten o tema ao que fai referencia..

Con data 21-xullo-2021, o Comité de Bioética emitiu o “INFORME DO COMITÉ DE BIOÉTICA DE ESPAÑA SOBRE A OBXECCIÓN DE CONCIENCIA EN RELACIÓN COA PRESTACIÓN DA AXUDA PARA MORRER DA LEY ORGÁNICA REGULADORA DA EUTANASIA”, que podedes ver aquí.

Nese informe, os membros do comité xustifican a obxección de conciencia institucional, referido singularmente a institucións sanitarias relixiosas, como elemento que permitiría a tales institucións negarse a facer efectivo un dereito cidadán, un dereito das persoas a unha prestación garantida pola Ley Orgánica 3/2021, de 24 de marzo, de regulación de la eutanasia (en adiante LORE).

Certamente, a LORE xa inclúe no seu articulado a referencia á obxección de conciencia, pero sempre referida as persoas, nunca referida ás institucións. No seu artigo 3, apartado f), queda expresado de forma clara o que debe entenderse por obxección de conciencia sanitaria:

f) «Obxeción de conciencia sanitaria»: dereito individual dos profesionais sanitarios a non atender aquelas demandas de actuación sanitaria reguladas nesta Lei que resultan incompatibles coas súas propias conviccións.

E continúa, no seu artigo 16, sinalando ademais que a obxección de conciencia en ningún caso debe afectar ao dereito das persoas que reclamen esta prestación garantida pola lei:

1. Os profesionais sanitarios directamente implicados na prestación de axuda para morrer poderán exercer o seu dereito á obxección de conciencia.
O rexeitamento ou a negativa a realizar a citada prestación por razóns de conciencia é unha decisión individual do profesional sanitario directamente implicado na súa realización, a cal deberá manifestarse anticipadamente e por escrito.
2. As administracións sanitarias crearán un rexistro de profesionais sanitarios objetores de conciencia a realizar a axuda para morrer, no que se inscribirán as declaracións de obxección de conciencia para a realización da mesma e que terá por obxecto facilitar a necesaria información á administración sanitaria para que esta poida garantir unha axeitada xestión da prestación de axuda para morrer. O rexistro someterase ao principio de estrita confidencialidade e á normativa de protección de datos de carácter persoal.

En palabras de María Luisa Carcedo:

A lei establece con claridade que o dereito a acollerse á obxección de conciencia corresponde, de forma individual, aos profesionais sanitarios que interveñen na prestación de axuda para morrer, non a quen leva a padiola, acende as luces ou limpa a estancia. Nin por suposto ás institucións, teñan o accionariado que teñansexan públicas ou privadas (artigos 1 e 2).

No Informe do Comité de Bioética creo que é de xustiza reseñar o voto particular emitido por Leonor Ruiz Sicilia, catro páxinas que figuran ao final do informe, que creo son de obrigada lectura. Ruiz Sicilia recorda que o artigo 32 do vixente código de Deontoloxía médica di que o “o recoñecemento da obxección de conciencia do médico é un presuposto imprescindible para garantir a liberdade e independencia do seu exercicio profesional. Non é admisible unha obxección de conciencia colectiva ou institucional“.

Ademais, e de ahí o título dado a esta entrega, “deturpando un dereito? Ética ou Ideoloxía?”, a autora deste voto particular deixa este clarificador párrafo (o subliñado e meu):

“Co respecto que me merecen os argumentos ético-xurídicos que se envorcan neste punto do informe para xustificar unha posible Obxección de Conciencia Institucional, quero sinalar a miña discrepancia con respecto a eles, xa que aprecio incoherencias argumentais co sinalado noutros puntos do presente informe, que parecen ter un carácter finalista co fin de recoñecer dereitos de protección a determinadas institucións, ao amparo da figura da Obxección de Conciencia“.

Finalmente, deixo os enlaces aos artigos de María Luisa Carcedo e de Ángel Munárriz, publicados en infoLibre , que coido merecedores, ambos os dous, dunha atenta lectura :

María Luisa Carcedo: “O Comité de Bioética non pode obxectar sobre a Lei de Eutanasia”, ver aquí.

Ángel Munárriz: “O Comité de Bioética avala que a Iglesia declare «libres de eutanasia» os seus hospitais sen perder os concertos”, ver aquí.

Engade un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

escola de ferrado
Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.