Isabel Celaá: recopilación das súas intervencións no Congreso e no Senado

Deixo hoxe aquí a recopilación de todas as intervencións realizadas por Isabel Celáa, como ministra de Educación e Formación Profesional, no Congreso e no Senado, un documento que creo pode ser de gran interese para todas aquelas persoas relacionadas co ámbito da educación no noso país.

O documento inclúe os debates completos relativos a dous proxectos de lei, un real decreto-lei, doce interpelacións, cincuenta e seis preguntas, dez comparecencias e a defensa dos Orzamentos Xerais do Estado para o ano 2021. Un total de oitenta e dúas intervencións en ambas as dúas cámaras que ocupan máis de 600 páxinas de texto.

A posibilidade que dan os arquivos PDF de búsqueda por palabra fan deste un documento unha gran ferramenta de traballo para aqueles que queiran indagar nas distintas cuestións tratadas no eido educativo durante o período no que Isabel Celaá estivo ao fronte do Ministerio de Educación e Formación Profesional.

Podedes acceder ao documento pulsando aquí, ou na imaxe dos libros.

Agardo que sexa do voso agrado.

Grazas por compartilo nas túas redes:

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará