Cataluña: que bandeira enarborar?

Finalmente tiveron lugar as eleccións en Cataluña co resultado que todos coñecemos. Uns resultados que non permiten albiscar unha única fórmula de goberno senón que, polo contrario, xeneran un panorama onde caben distintas formas de achegarse á conformación dun goberno estable.

Entendo que, cos tempos que corren, sería necesario que as prioridades da cidadanía catalana foran a liña argumental básica que levara ás distintas forzas políticas a tomar as súas decisións, pero semella que tal circunstancia non se vai dar por mor dunha senda, o “procés”, que semella fagocitar calquera outro debate que poidera darse na esfera da política.

Nin siquera a crise provocada pola COVID-19 parece capaz de romper ese telón de grelos que pretende ocultar todo aquelo que poida considerarse un estorbo para a causa do “procés”, única bandeira que por parte do independentismo se entende que pode ondear nas terras catalanas.

Sen embargo, entendo que existen máis que sobradas razóns para que as forzas de esquerda e de progreso colocaran como prioridades as verdadeiras necesidades da cidadanía á cal representan e que, doutro lado, a crise actual fainas máis evidentes.

Que bandeira toca entonces, ao meu xuízo, enarborar? Sen dúbida a bandeira da esquerda. A bandeira que significa a recuperación do sistema educativo público, o fortalecemento do sistema sanitario público, robustecer as axudas aos dependentes, consolidar o Ingreso Mínimo Vital, vigorizar o tecido industrial e impulsar á creación de emprego. Poderiamos seguir, loita contra a pobreza e a desigualdade, defensa do medio ambiente ou, como non, a sustentibilidade do noso sistema de pensións.

Xa que logo, compriría impulsar un robusto programa de esquerdas que é, por outro lado, o sentir dos votantes de Cataluña que auparon cos seus votos ao PSC de Salvador Illa como primeira forza política, cun nítido programa de esquerdas, de progreso, pero que tamén situaron a outras forzas de esquerda en disposición de sumarse e conformar un goberno progresista que asegure que na Generalitat ondeen as bandeiras que verdadeiramente o país necesita e que só a esquerda compromete.

Vai ser así?, por desgraza non son demasiado optimista, pero ogallá me equivoque.

Grazas por compartilo nas túas redes:

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *