unha nova andaina!

Hoxe iniciamos a nosa andaina polo mundo dos blogs. Espero daqueles que, debullando na rede, accedan a escoladeferrado que sexan conscientes dos múltiples erros que atoparán neste blog, e non serán os menos aqueles derivados do descoñecemento desta ferramenta e das súas posibilidades.

Doutro tipo serán aquelas cuestións que afecten ás opinións verquidas nos textos que, paseniño, se incorporen a estas páxinas e que non terán máis culpable, para ben e para mal, que este escribidor.

Grazas a todas e a todos pola vosa comprensión.

Grazas por compartilo nas túas redes:

Deixa un comentario