un vídeo POR DEREITO.- pídovos dez minutos do voso tempo

Quero aproveitar a confianza, para con quenes seguides “escoladeferrado”, para pedirvos encarecidamente que non deixedes de ver este impresionante pero entrañable vídeo acerca dunha moza autista. Ben sei que parecerá increible, pero estou de certo que non deixará a ninguén impasible.

httpv://www.youtube.com/watch?v=NYfgxQRb7Sw&feature=player_embedded

Quero agradecerlle a Cuca e a Esther o tempo que me adicaron nunha entrañable reunión coa educación inclusiva como tema. Deixo aquí un pequeno fragmento que creo pode resumir a súa mensaxe e que figura nos documentos que amablemente me achegaron:

A educación inclusiva do alumnado galego con diversidade funcional é unha cuestión de dignidade e de respeto aos seus Dereitos Humanos.

Entendemos polo tanto, que, como Dereito, a inclusión educativa e social do alumnado é incuestionable, e é obriga do Goberno galego garantir o dereito dos escolares a recibir unha educación inclusiva digna e en igualdade de oportunidades cos seus compañeiros e compañeiras, cos recursos materiais, persoais e axustes que foran precisos.

Non serei eu quen valore o esforzo, traballo e coraxe fora de toda dúbida destas dúas nais e daquelas persoas que as acompañan na súa viaxe, pero sí quero que as coñezades, a elas e ao seu traballo. Con esta finalidade deixo os enlaces ás páxinas que elas tiveron a xentileza de remitirme.

Asegúrovos que non perderedes o tempo. Un aviso especial aos meus colegas docentes, atoparedes unha chea de material práctico para usar nas aulas e, atención tamén ás nais e pais, nas casas.

Blog de Cuca: http://www.pensandoenimaxes.blogspot.com/

Blog de Esther: http://www.lasonrisadearturo.com/

Blog da Asociación “Por Dereito”: http://www.pordereito.blogspot.com/

Plataf. España Inclusión: http://pactoeducativoparatodos.blogspot.com/

Plataf. Galega ProInclusión: http://plataformagallegainclusion.blogspot.com/

 


Grazas por compartilo nas túas redes:

11 comentarios en “un vídeo POR DEREITO.- pídovos dez minutos do voso tempo”

  1. Agradécese a información sobre a “educación inclusiva” e máis aínda na súa calidade de Dereito, de igualdade de oportunidades. Sí que debemos recordarnos a necesidade de non esquecernos.
    No vídeo, tremendamente significativa a contribución das novas tecnoloxías para detectar e profundar no coñecemento deste tipo de trastornos.

  2. Gracias Guillermo! Qué sorpresa! Paso a hacerte una visita y me has emocionado la verdad. Un placer charlar contigo, el mismo placer que escucharte en la tribuna del Parlamento gallego defender vuestro y nuestro punto de vista sobre la proposición no de ley de educación inclusiva.
    Nosotras no vamos a parar, porque en ello va que nuestros hijos tengan la oportunidad de tener un futuro, como todos los niños. Apostamos por sus capacidades y por sus Derechos Humanos.
    La discriminación y la segregación comienza en la etapa educativa. No podemos callarnos ante políticas educativas que con el dinero de todos segregan, y cuestionan DERECHOS como la inclusión educativa y la igualdad de oportunidades. El gobierno gallego está para garantizar que los ciudadanos, TODOS, pueden ejercer los derechos que nuestro ordenamiento jurídico les reconoce. Gracias Guillermo, gracias por apostar y defender los Derechos Humanos de TODOS. Porque es de lo que estamos hablando, de DERECHOS HUMANOS.

  3. Excelente video sobre a superacion persoal, todos debiamos aprender da riqueza destes rapaces. En lugar de pechalos en centros especiais, debemos incluilos no sistema educativo e prover ós centros educativos do persoal necesario. No IES de Camariñas, por exemplo, educación retirou o persoal de apoio a nenos con diversidade funcional.

  4. Guillermo… acabas de deixarme abraiada, só podod didcir graciñas e espero que o noso encontro dé froitos algún día non moi lonxano, pois o tema da educación inlusiva ainda está moi verde tanto nas nosas mentes co na nosa sociedade!
    Unha forte aperta!!!
    Cuca da Silva

  5. Grazas.Emocionante.Tiven oportunidade de ver casos moi graves en Urxencias e a deseperación/desesperanza dos seus pais. Imposible non sentir mágoa, pero agora debo transmitir futuro. Moi bos os enlaces. Deixados en “favoritos” do ordenador do Hospital.Os docentes podedes curar o que os médicos non podemos.Sen fármacos xenéricos.

    • Jorge hoxe estiven nuha charla que se deu no Hospital do Salnés sobre a Atención aos pacientes con espectro autista.
      Falouse da tarxeta da doble A (atención preferente e sempre que se poida co acompañante) e logo quedei falando con algún xefe dos servizos polo tema da importancia dun mediador que tivese certa formación e sobre os apoios visuais. Todos podemos fecer moito por mellorar a calidade de vida destas perosas e as súas familias e sei do que falo, anímote a facer o que esté na túa man en prol disto.

  6. De verdad sabe usted lo que es la educacion inclusiva, pues le dire que el año 2008 dos ninños con diversidad funcional ( discapacidad) de nuestra comunidad fueron excluidos, maltratados,discriminados, y humillados por la entonces administracion del bipartito, vulneraron sus derechos humanos reconocidos en la Convencion de la Onu sobre los derechos de las personas con discapacidad vigente en nuestro pais desde mayo del 2008, sus padres sufrieron las amenazas de la entonces admistracion con quitarles la custodia por no llevar a sus hijos a centros de educacion especial como aconsejaban los equipos tecnicos, y finalmente la justicia les dio la razon, pero el daño psicpologico y moral nadie se lo quita, asi que no cuelgue videos como este porque esta usted ofendiendo a mi hija, dsabe usted. Que ha hecho un gobierno de izquierdas por los niños con diversidad funcional de este pais NADA, NI LA SEÑORA CABRERA, NI EL SR. GABILONDO QUE CONOCIERON AMBOS CASOS DE PRIMERA MANO.

Deixa un comentario