Un rotundo “NON” pola dignidade do noso Sistema Educativo Público

No último Pleno desta XII Legislatura, o Partido Popular presentou unha moción coa clara intención de facer un lavado de cara das súas políticas educativas dos últimos anos. Unha moción, como sinalei na miña intervención, “trufada de mantras, plagada de inexactitudes, con capas e capas de maquillaxe”, pero que, pese a todo iso, “nin logran ocultar as súas intencións, nin as actuacións do seu pasado recente”.

“Por dignidade, pola defensa do sistema público de ensino, votaremos un rotundo NON”.

Guillermo Meijón

Deixo aquí o vídeo coa miña intervención, na que tratei de desmontar, punto por punto, cada unha das propostas contidas na moción do Partido Popular.

Grazas por compartilo nas túas redes:

Deixa un comentario