un paseo polo “xardín das delicias”.-

Da comezo un novo curso. Novo curso que por desgraza segue a amosar densos nubeiros sobre o sistema educativo público que en moitas ocasións esgotan a nosa capacidade de pescudar para descubrir elementos de ilusión que nos acompañen na nosa andaina.

Esa é a razón pola que quería comezar este novo curso en escoladeferrado cun artigo que falara da escola en positivo e que visibilizara todo ese caudal de ilusión e de paixón polo traballo que existe entre os docentes.

Deste modo dou tamén cumprimento a unha débeda contraída a través das redes de publicitar este magnífico traballo realizado por Ana Robles e Javier Medina, profesores do IES Alpajés de Aranjuez, arredor da magnífica obra “O xardín das delicias” do pintor holandés Hieronymus Bosch (El Bosco).

Deixo dous enlaces, recomendo vivamente facer unha lectura calmada, con tempo, dos dous artigos e todo o material (vídeos, enlaces, ,…) que inclúen. Sen dúbida que pasaredes un bo rato.

http://blogs.elpais.com/escuelas-en-red/2013/08/paseos-did%C3%A1cticos-por-el-jard%C3%ADn-de-las-delicias-1.html

http://blogs.elpais.com/escuelas-en-red/2013/08/paseos-did%C3%A1cticos-por-el-jard%C3%ADn-de-las-delicias-y-2.html

Por certo, tamén deixarei no lateral durante unha tempada o enlace a “Escuelas en Red” xa que me parece un blog de recomendable lectura.

Grazas por compartilo nas túas redes:

Unha resposta en “un paseo polo “xardín das delicias”.-”

Grazas polos ánimos, boa falta nos fan. É importante a rede, pois a maior tolería do Quixote foi loitar so contra as inxustizas e os muiños de vento.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *