Reúnese o Observatorio de Becas tras sete anos de ostracismo

Tras sete anos de ostracismo ao que o tiña sometido o goberno do Partido Popular, reuniuse onte o Observatorio de Becas baixo a presidencia dos ministros de Educación e Formación Profesional, Isabel Celaá, e de Ciencia, Innovación e Universidades, Pedro Duque.

Moitas foron as denuncias realizadas dende o grupo parlamentario socialista e, por suposto, por parte da comunidade educativa, para que os ministros Wert e Méndez de Vigo convocaran este órgano, mais sempre ficaron en saco roto. En sete anos, os gobernos de Rajoy rexeitaron permanentemente as reiteradas peticións para que o Observatorio de Becas poidera cumprir coa súa función.

Necesitouse un cambio de goberno e dous ministros socialistas para que esta convocatoria tivera lugar. No transcurso da reunión, unha das cuestións máis importantes foi a decisión de crear un grupo de traballo que terá como obxectivo analisar as aportacións recibidas e preparar unha proposta a partires da cal se poidan tomar decisións acerca dun novo modelo de Becas e Axudas.

“As becas son o mellor trampolín para facer posible o ascensor social a través da educación e do esforzo”

Isabel Celaá

“Ambos ministerios queremos lograr o maior consenso posible entre as organizacións e institucións implicadas para poder contar cun modelo de becas que aumente a equidade”

Pedro Duque

Concretamente, os traballos orientaranse, nos próximos meses, a estudar as seguintes cuestións:

  • Racionalizar os requisitos académicos para a concesión de becas e axudas.
  • Revisar os umbrais de renda, así como as súas cuantías.
  • Ter en conta a novos colectivos con necesidades específicas de apoio educativo (NEAE).
  • Revisar os criterios de reintegro.
  • Valorar como poder compatibilizar as becas e axudas coa vida laboral para intentar reducir o abandono escolar.
Grazas por compartilo nas túas redes:

Deixa un comentario