LOMLOE.- a esperada e necesaria lei para o noso sistema educativo

O Consello de Ministros aprobou hoxe o “Proxecto de Lei Orgánica por la que se modifica a Lei Orgánica 2/2006, de 3 de maio, de Educación” (LOMLOE). E, como ben sinalou a ministra de Educación e Formación Profesional, Isabel Celaá, aprobouse “por respecto” a todas aquelas persoas que participaron na elaboración da lei e apoiaron o seu contido.

Un texto legal que contou cunha ampla participación da comunidade educativa: máis de 43.000 correos electrónicos recibíronse na primeira fase de consultas, a Conferencia Sectorial de Educación (órgano que reúne aos representantes educativos das comunidades autónomas), os Consellos Escolares Autonómicos, o Consello Escolar do Estado (que reúne a todos os sectores da comunidade educativa e a expertos en educación), múltiples reunións bilaterais ou multilaterais cun centenar de asociacións e organizacións do mundo educativo e a participación daqueles ministerios implicados tamén no tema.

Este Proxecto de Lei, a LOMLOE, vén cumprir o desexo expresado por todos os sectores da comunidade educativa e por la abafadora maioría dos grupos parlamentarios presentes no Congreso de derrogar a LOMCE. Una lei nada de la imposición, aplicando o rodillo da maioría absoluta de la que dispoñía o Partido Popular, único partido que la votou a favor.

Una lei, a LOMCE, que:

  • rompeu o consenso en educación existente desde 2006
  • xerou un sistema educativo segregador, baseado no establecemento de itinerarios a idades tempranas, en contra de las recomendaciones de la OCDE.
  • empeorou os resultados educativos do alumnado, diminuíndo las taxas brutas de titulación na ESO e Bacharelato.
  • empeorou a atención ao alumnado con máis dificultades con programas mal deseñados (PMAR) non enfocados a titular na ESO.
  • acabou coa participación efectiva da comunidade educativa nos centros.
  • xerou caos curricular entre as CCAA e encorsetou a práctica educativa con estándares de aprendizaxe que sobrecargaron ao profesorado e limitaron a autonomía dos centros

Así pois, a LOMLOE devén nunha lei de urxencia que trata de revertir todos os danos provocados pola LOMCE ao noso sistema educativo, que partindo da LOE (lei que se aprobou tras un lrago proceso de participación e consenso e que contou na cámara únicamente co voto negativo do Partido Popular) a modifica, a mellora e pona ao día.

Una LOMLOE que é, ademais, un proxecto aberto aínda a un maior grado de consenso, o que se poida producir no Congreso entre os grupos parlamentarios no proceso de debate e enmendas ao articulado. Somos conscientes, o primeiro o goberno, do momento en que se presenta a lei, cunhas eleccións convocadas para o 28 de abril e a consecuente disolución das cámaras o próximo 5 de marzo, pero, e repito as palabras da ministra, había que presentala “por respecto” ás persoas, organizacións e institucións que participaron na súa elaboración e, por suposto, para que non quede dúbida do que os socialistas pretendemos respecto do noso sistema educativo:

  • derrogar a LOMCE e os estragos causados por esta lei.
  • LOMLOE: modificación, mellora e posta ao día de la LOE, conseguindo o máximo grado de consenso.
  • Continuar cos foros abertos ( entre eles: “Educar para o século XXI. Desafíos e propostas sobre a profesión docente” e “+ Futuro + Progreso = + FP”), impulsando o diálogo e os acordos para conseguir un gran pacto no conxunto de todo o noso sistema educativo.

Desde o Ministerio de Educación e Formación Profesional realizaron una excelente presentación do Proxecto de Leicuxa visión recomendo e que deixo aquí á vosa disposición. Ademais, deixo tamén o texto completo da LOMLOE.

Esta imaxe ten o atributo alt baleiro; o seu nome de arquivo é PortadaPresentacion-700x394.jpg

Esta imaxe ten o atributo alt baleiro; o seu nome de arquivo é LOMLOE-PortadaTexto.jpg
Grazas por compartilo nas túas redes:

Deixa un comentario