LOMCE.- borradores RDs de Primaria e FP Básica

LOMCE.- borradores Real Decreto de Primaria e Real Decreto de FP Básica.- Cecáis os que o ministerio pasou ao Consello Económico e Social para Informe.

Grazas por compartilo nas túas redes:

Deixo aquí os borradores dos Reales Decretos que desenvolven a Educación Primaria e a Formación Profesional Básica. Non podo acreditar que sexan exactamente os que o ministerio remitiu xa ao Consello de Estado para que este organismo os informe. Así mos pasaron, pero sen garantir que foran os definitivos. Por desgraza xa estamos demasiado afeitos á opacidade da que fai gala o ministro Wert.

Como ben sabedes, Wert tivo que dar marcha atrás ao respecto da súa idea inicial dun macro-real-decreto que englobara Primaria, Secundaria e Bacharelato xa que mesmo as comunidade autónomas onde goberna o PP amosaron a súa oposición.

Desta forma, Wert mudou o calendario inicialmente previsto de forma que no curso 2014-15 só dará comezo a LOMCE en Educación Primaria e FP Básica.

Espero contar con tempo para contar a problemática complexa que provoca este calendario nun próximo artigo, pero agor pretendo que teñades estes materiais á vosa disposición.

Aquí deixo os enlaces:

Borrador do Real Decreto de Educación Primaria.

Borrador do Real Decreto de FP Básica.

Grazas por compartilo nas túas redes:

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *