Isabel Celaá: cinco pilares e máximo diálogo na derrogación da LOMCE.-

A ministra de Educación, Isabel Celaá, compareceu hoxe na Comisión de Educación do Congreso de Deputados co obxecto de dar cumplida resposta a dos importantes asuntos no eido educativo. En primero lugar, sobre o proceso de Derrogación da LOMCE a través do Anteproxecto de Lei próximo a entrar para o seu debate no Congreso. En segundo lugar, a cuestión de como vai a influir nas prácticas educativas, universitarias e non-universitarias, o “Real Decreto-Lei 28/2018, de 28 de decembro, para a revalorización das pensións públicas e outras medidas urxentes en materia social, laboral e de emprego (RDL 28/2018)” que actualmente estase a tramitar como Proxecto de Lei no Congreso.

A ministra enmarcou a nova lei de educación nestes cinco piares:

  • Un enfoque de dereitos da infancia entre os principios rectores do sistema, según o establecido na Convención sobre os Dereitos do Neno de Nacións Unidas.
  • Un enfoque transversal, orientado a elevar os resultados de todos os estudantes cunha dinámica de mellora continua dos centros educativos e unha maior personalización da aprendizaxe.
  • A importancia de atender ao desenvolvemento sustentable de acordo coa Axenda 2030.
  • A igualdade de xénero a través da coeducación e fomento da aprendizaxe da igualdade entre homes e mulleres, a prevención da violencia de xénero e o respeto á diversidad afectivo-sexual.
  • Ter en conta o cambio dixital que se está a producir na sociedade e que afecta á actividade educativa.

Ademais, e despois de realizar un amplo percorrido sobre as novedades da nova lei, salientou o gran proceso de diálogo establecido para realizar un texto que contase co máximo consenso. Así, destacou os 43.639 correos electrónicos recibidos na primera fase do proceso e como, na segunda, téñense recabado aportacións dun centenar de asociacións e organizacións do mundo educativo, de comunidades autónomas, de consellos escolares autonómicos e doutros ministerios.

Respecto das consecuencias da aplicación do RDL 28/2018 nas prácticas realizadas tanto por alumnos universitarios de titulacións oficiais de grado e máster como por alumnos de Formación Profesional de Grado Medio ou Superior, a ministra concluiu que “o Goberno non permitirá nunca que esta o calquera outra medida poida ir en detrimento do sistema educativo, da prestación do servicio, da súa calidade e da máxima amplitude de posibilidades para prestalo

Deixo os vídeos da intervención da ministra de Educación e, ao final, un enlace para aqueles que queiran ver a sesión completa coas intervención dos distintos portavoces.

Grazas por compartilo nas túas redes:

Deixa un comentario