Demolición dos Recortes en Educación.- Real Decreto 14/2012

Sendo sin duda a LOMCE a primeira, a segunda medida lexislativa que máis dano causou ao sistema educativo público do noso país foi o Real Decreto-Lei 14/2012, de 20 de abril, de medidas urxentes de racionalización do gasto público no ámbito educativo (RD 14/2012). Este foi o desdichadamente famoso real decreto, do inefable ministro Wert, que deturpaba o significado de RACIONALIZAR igualándoo a RECORTAR.

Este RD 14/2012 foi o responsable, nos seus artigos 2, 3 y 4, de:

  • Permitir o incremento do número de alumnos por aula nun 20%.
  • Elevar a xornada lectiva do personal docente a 25 horas en Primaria e 20 en Secundaria.
  • Non sustituir ao profesorado nos centros ata pasados dez días dende que se producira a baixa.

Posteriormente, na Lei 48/2015, de 29 de octubre, de Presupostos Xerais do Estado para o ano 2016 incluiuse, na Disposición Adicional Decimoquinta, unha modificación do artigo 4 do RD 14/2012 que permitía a sustitución inmediata en determinados casos (maternidad ou paternidade, docencia a alumnos con necesidades educativas especiais,…).

Pos ben, coa entrada do novo goberno presidido por Pedro Sánchez, a ministra de Educación e Formación Profesional, Isabel Celaá, propúsose, como unha das primeiras medidas do seu departamento, revertir os danos causados polo RD 14/2012 no sistema educativo, para o cal procedeuse a elaborar dende o ministerio un Proxecto de Lei para a derrogación dos tristemente famosos artigos 2, 3 e 4, recoñecendo expresamente na exposición de motivos “o detrimento que se ten derivado destas medidas no nivel de calidad que a ensinanza e o desempeño da docencia requiren”.

Así, despois de realizados os informes pertinentes e ser aprobado polo Consello de Ministros, o 26 de octubre de 2018 publicase no Boletín do Congreso de Diputados a admisión a trámite do Proxecto de Lei de mellora das condicións para o desempeño da docencia e a ensinanza no ámbito da educación non universitaria.

Dito Proxecto de Lei foi debatido por trámite de urxencia no Pleno do día 13 de decembro de 2019. No transcurso do debate producíronse dúas modificacións debido á aprobación dunha transaccional PSOE-PODEMOS e dunha enmenda do PP, quedando ambas incorporadas ao texto final. O resultado da votación foi de 171 votos a favor, 0 en contra e 162 abstencións.

O texto definitivamente aprobado fixo a súa entrada no Senado o 18 de xaneiro de 2019, esperando que en breve plazo se proceda ao seu debate. Se en dita cámara o texto se aprobara sen modificacións daríase por finalizado o proceso. De non ser así, o texto terá que volver ao Congreso para a votación definitiva.

Poderá haber quen diga que o texto non é demasiado ambicioso, ao limitarse a derrogar os artigos citados do RD 14/2012. Sobre isto é necesario realizar un par de consideracións creo que bastante fáciles de comprender. Por un lado, como é obvio, necesítanse os votos da maioría da cámara para poder aprobar o Proxecto de Lei e, por outro, é preciso non menoscabar as competencias das Comunidades Autónomas (CCAA) en materia educativa.

Esta dobre circunstancia é a que provoca a necesidade de buscar o maior consenso posible, tanto entre os grupos parlamentarios como coas CCAA, e isto significa volver ao texto primixenio da LOE que é, ata agora, o que ten gozado do maior consenso en materia educativa nos últimos anos. Razón po la cal o Proxecto de Lei limitase, o que non é pouco, a revertir os danos causados polo RD 14/2012 volvendo á situación anterior.

Esperando ao paso do Proxecto de Lei polo Senado e ao que alí suceda, deixo a continuación os enlaces aos seguintes textos:

Grazas por compartilo nas túas redes:

Deixa un comentario