As cifras acreditan o fracaso da LOMCE.-

Os datos publicados polo Ministerio de Educación e Formación Profesional relativos ao curso 2016-17, é dicir, o curso no que remataron os seus estudos de Ensinanza Secundaria Obrigatoria (ESO) e de Bacharelato (BAC) o alumnado da primeira promoción da LOMCE, amosan un descenso na taxa bruta de titulados en secundaria, tanto na ESO como no Bacharelato, como ben se pode comprobar nos gráficos adxuntos.

Ademáis, podemos observar tamén como a taxa do alumnado que obtén o Graduado na ESO procedente da Formación Profesional Básica é menor que a do alumnado que procedía dos Programas de Cualificación Profesional Inicial (PCPIs).

Xa que logo, queda acreditado, tamén numéricamente, o fracaso da lei Wert. Creo que sobra sinalar que, en ningún caso, nos alegramos desta noticia, todo o contrario, pero sí debemos subliñar que estamos a falar dun fracaso sobradamente anunciado polo conxunto da comunidade educativa e por unha ampla maioría de expertos en educación que agora vemos reflectido a nivel estatístico.

Grazas por compartilo nas túas redes:

Deixa un comentario