O pasado día 3 de outubro interviña, nos almorzos informativos do Fórum Europa, Mariano Jabonero, Secretario Xeral da “Organización de Estados Iberoamericanos para la Educación, la Ciencia y Cultura” .
Do seu discurso destaco esta cita na que alude ao economista francés, Thomas Piketty e que sinala a evidencia de que, cando unha parte da sociedade se empobrece, empobrécese toda a sociedade.
Un contexto no que persiste a desigualdade: cun coeficiente Gini de 0,46 seguimos a ser a rexión máis inequitativa do mundo, grave situación se sabemos, dacordo co exposto polo coñecido economista Piketty, que a desigualdade empobrece non só aos que contan con menos ingresos, senón ao conxunto da poboación.