1.070 razóns máis para non votar á trilateral de dereitas+ultras (PP+Cs+VOX).-

Junta de Andalucía, cando estaba en mans socialistas, comprometera cos sindicatos do sector educativo unha oferta pública de emprego de aproximadamente 4.500 prazas docentes para a ensinanza pública. Un compromiso que non se poido facer efectivo debido aos resultados dunhas eleccións que deron o control do goberno andaluz á trilateral de dereitas+ultradereita, Partido Popular, Ciudadanos e VOX.

Pois ben, nada máis asentarse no goberno, a trilateral procedeu a convocar aos sindicatos para ofrecerlles unha oferta pública de 3.430 prazas docentes, dito doutro modo, 1.070 prazas menos que as comprometidas polo goberno socialista.

Diante do escándalo co que foi recibida dita proposta, o novo goberno andaluz sinalou que só se trataba dunha proposta e que o día 15 de febreiro darían a cifra definitiva, pero o 15 de febreiro pasou e os sindicatos só recibiron un comunicado de que se aprazaba a data de comunicación do número definitivo de prazas.

En fin, como podemos constatar, para o novo goberno andaluz da trilateral de dereitas+ultradereitas, comenzar a GOBERNAR e RECORTAR EN EDUCACIÓN todo foi un. Xa que logo, 1.070 razóns máis para non votalos.

Grazas por compartilo nas túas redes:

Deixa un comentario