WERT e as taxas universitarias.- tarde, MAL, MOI MAL, e a rastras.

Calquera que hoxe lle dea un vistazo ás novas que fan referencia ao resultado da “Conferencia General de Política Universitaria” (CGPU), poderá comprobar o grao de improvisación e de mal facer que luce o ministro WERT no Ministerio de Educación.

Os socialistas xa temos denunciado dabondo os recortes do PP en materia de Becas. 166,4 millóns de euros menos nos orzamentos de 2012. Un recorte que cobra unha maior dimensión se temos en conta que, ao mesmo tempo, endurece as condicións de acceso ás mesmas e pretende un incremento nas taxas universitarias. Isto é:

MENOS BECAS – MENOS BECARI@S – INCREMENTO DE TAXAS – ENDURECER OS REQUISITOS

Falamos pois dunha ecuación perfecta para implantar no noso sistema Educativo Público un proceso que INCREMENTE O GRAO DE ELITISMO e dificulte aos sectores sociais máis desfavorecidos o acceso á universidade. Nada que ver co proceso consolidado polos gobernos socialistas que concluiron con referencias en informes internacionais de educación a que España era o páis onde máis posibilidades tiña o alumnado procedente de clases desfavorecidas de acceder a unha titulación universitaria.

Real Decreto-ley 14/2012, de 20 de abril, de medidas urgentes de racionalización del gasto público en el ámbito educativo é a arma utilizada por WERT para perpretar o maior recorte realizado nunca no noso país no Sistema Educativo Público. Cabe recordar que as partidas adicadas á Ensinanza Privada non se afectadas polos recortes.

Pois ben, no que atinxe á pretendida suba das taxas universitarias o citado Decreto non deixa de ser unha IMPRESIONANTE CHAPUZA. O Rector da Universidade de Barcelona, Dídac Ramírez, non dubida de calificar este decreto de  “precipitado y débil técnicamente”.

Tamén podemos referirnos ao Informe CANTO PAGA O ESTUDANTE?  (pinchade no enlace para acceder ao resumo executivo do mesmo) presentado onte polo Observatorio do Sistema Universitario (OSU). Os autores poñen en solfa as cifras que ofrece o Goberno acerca do grao de copago aportado polo alumnado. Según o goberno, un 15%, según o citado informe, un 20%.

En fin, hoxe a CGPU acabou como o rosario da aurora xa que o farragoso método de cálculo proposto por WERT, así como a ausencia de datos fiables para un cálculo obxectivo, dificulta ás Comunidades Autónomas presentar unhas cifras contrastables e elaboradas mediante un cálculo homoxeneizado entre elas.

Deixo o enlace a dúas notas de prensa cuxa lectura recomendo:

Subidón de taxas sen as contas claras.

Wert da de prazo ata xullo para que as comunidades fixen as taxas universitarias.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *