Universidades Galegas no TOP10 do Sistema Universitario Español Informe IUNE 2017: a pesares dos recortes, incrementouse a actividade investigadora das universidades españolas

Pulsar na imaxe para acceder ao documento

Recentemente acaba de publicarse o “Informe IUNE 2017 Actividade Investigadora das Universidades Españolas”, elaborado polo Observatorio IUNE da Alianza 4U, formada polas universidades Pompeu Fabra, Autónoma de Madrid, Carlos III e Autónoma de Barcelona. Un interesante informe que presenta unha rigorosa panorámica da situación actual do noso sistema universitario no que atinxe á actividade investigadora.

Como ben se pode apreciar no informe, o Sistema Universitario Español (SUE) rema contracorrente. Os datos non deixan lugar a dúbidas e os que sinalamos a continuación son un claro exemplo do que estamos afirmando. A diminución nos ingresos, os recortes que sufriron as universidades españolas non se traduciron nunha merma da súa produción investigadora, mesmo ao contrario, esta incrementouse de forma notable, cuestión que fala moito e ben do noso sistema universitario.

Sistema Universitario Español (SUE) 
Descenso de ingresos liquidados por operacións non financieiras 2008-2014 14,02%
Descenso de ingresos xerados pola investigación 2008-2014 19%
Incremento de producción de documentos na base de datos “Web of Science” (WoS) 2006-2015 82,4%
Productividade en número de documentos profesor/ano 2006: 0,49
2015: 0,83
Incremento do número de patentes 2005-2015 125,36%

Tamén queremos destacar o papel do Sistema Universitario de Galicia (SUG) que queda ben reflectido cos seguintes datos:

Universidade de Santiago de Compostela (USC): no TOP10 no número de publicacións en colaboración internacional, ocupando o 9º lugar.

Universidade de Santiago de Compostela (USC): no TOP10 no número de patentes no período 2006-2015,  ocupando o 5º lugar.

Universidade de Vigo (UVIGO) e  Universidade de Santiago de Compostela (USC):  no TOP10 en número de patentes por cada 100 profesores, figurando no 8º e 10º lugar respectivamente.

Universidade de Santiago de Compostela (USC): no TOP10 por número de spin-off no periodo 2006-2015, ocupando o 8º lugar.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *