DATOS-CIFRAS-EDUCACIÓN, ECONOMÍA, EDUCACIÓN, MEC, ORZAMENTOS EDUCACIÓN, PP, UNIVERSIDADE

Legado Rajoy-Wert.- un sistema universitario só para quen poida pagalo Dos países da OCDE, España ocupa o terceiro posto nos que menos invisten en axudas económicas para universitarios.

2016-CRUE-Comparativa SUE

Pulsar para acceder ao informe completo.

A Conferencia de Rectores de las Universidades Españolas (CRUE) ven de presentar a monografía “Comparación Internacional do Sistema Universitario Español”, elaborada por D. Francisco Michavila, Director da Cátedra UNESCO de Xestión e Política Universitaria, e editada por Crue Universidades Españolas.

Segundo este informe que abarca unha comparativa do estado español cos 12 países máis importantes do noso entorno, resulta que España ocupa o terceiro posto entre os países da OCDE que MENOS inviste en becas e axudas ao alumnado universitario, como ven se pode ver neste parágrafo extraído do propio informe:

En el apartado de las ayudas al estudio destaca la baja proporción del PIB que en España se dedica a este concepto. Tan solo el 0,11% del PIB. Muy por debajo de la media de la OCDE (0,31%) y de otros países con precios públicos más bajos, como Alemania (0,31%) o Suecia (0,49%).

Remarcar que, como ben se indica neste estudo, o diferencial da porcentaxe adicada a becas e axudas ao estudo non se corresponde coa estructura diferente dos sistemas educativos. Dito doutra forma, non serve como excusa unha especial singularidad do noso sistema universitario en canto aos prezos de ntasas e matrículas. Así, ponse de exemplo o que acontece en Dinamarca, país que contando cun gran sistema universitario con matrícula gratuita,  adica un 0,69% do PIB a axudas para os universitarios.

Pois ben este é un dos tristges legados do binomio Rajoy-Wert, seguido de forma continuista polo actual ministro de Educación, Méndez de Vigo.

Por suposto que o traballo do profesor Michavilla é moito máis densa e cunha gran profusión de datos sobre o sistema universitario, polo que recomendo encarecidamente a súa lectura. Sirva esta pequena entrega sobre o apartado de Becas e Axudas ao estudo como acicate para a lectura completa da monografía.

Para acceder ao texto completo basta con pulsar sobre a imaxe da portada.

1 Comment

  1. Mª Carmen Casalderrey Piñeiro

    Guillermo estos son los artículos que hay que machacarle a la ciudadanía y hacer las comparativas de las cuantias de las becas cuando gobernabamos y las de ahora del PP

Leave a Reply

Theme by Anders Norén

Translate »