Rajoy, pertinaz no erro, compromete con Europa aínda maiores rebaixas en Educación. Na última ampliación do "Programa de Estabilidade 2017-20" reduce ao 3,67 a porcentaxe do PIB para Educación.

Pulsar para acceder ao documento completo.

Vémonos na triste obriga de rectificar a entrega publicada hai poucos días baixo o título: “Pacto Educativo e Marco Económico: perfecto oxímoro ou obxecto-Carelman?”. O goberno de Rajoy ven de publicar unha nova ampliación do Programa de Estabilidade comprometido con Europa para o trienio 2017-2020 e as cifras, no que atinxe a Educación, cambian, eso sí. para peor.

Na citada entrega comentabamos a incongruencia, o paradoxal, que significaba que o ministro de Educación, Méndez de Vigo, clame por un Pacto Educativo, namentras o seu goberno comprometía con Europa un continuado descenso da porcentaxe de PIB adicado a Educación ata descender ao 3,76% para o ano 2019.

Pois ben, no cadro adxunto pódese comprobar como, na recente “Actualización do Programa de Estabilidade do Reino de España 2017-2020”, os recortes en Educación seguen o seu imparable camiño. Para o ano 2019 a cifra xa queda no 3,73% e para o ano 2020 redúcese ao 3,67%.

Rajoy e Méndez de Vigo, de forma pertinaz, seguen a comprometer máis e máis recortes en Educación. Esa é a súa fórmula para impulsar o Pacto Educativo?

 

1 thought on “Rajoy, pertinaz no erro, compromete con Europa aínda maiores rebaixas en Educación. Na última ampliación do "Programa de Estabilidade 2017-20" reduce ao 3,67 a porcentaxe do PIB para Educación.

  1. Vendo a porcentaje non fai falla comentar nada.A tixeira anda a recortar outros eidos da protección social.Eu son médico e sei coma están os hospitals,nada que ver cos informes ca Xunta fai coma propaganda,e Non falemos da dependencia que soi funciona nos Concellos pagan do Seu diñeiro Unha o duas horas pra que asistan un ancianIste gasto e impropio do Concello,pero están a facer o que poden.Na educacion xa se notou un aumento importante de alumnos por aula,tamen das materias afines que dan profesores,e a disminución de educación especial.Todos os que tamos No mundo da función pública sabemos o que pasa,o que non sabemos moitos e porque non hay movilizacions,que visualice o que esta a pasar

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *