que eran as escolas de ferrado?

Permitídeme que utilice como recurso a Wikipedia para que, os que non o saibades xa, coñezades a orixe do título deste blog:

WIKIPEDIA: Escolas de ferrado.-

Coñécese como escolas de ferrado ao sistema de ensino que realizaban os denominados escolantes, mestres non titulados, que habitualmente tiñan unha escasa formación e que daban clases aos nenos do rural galego desde o século XVIII e que subsistiu ata fins do franquismo.

Recibían o nome de escolas de ferrado por pagar pola escolarización dos seus fillos un ferrado, ben de centeo,  trigo ou millo. Os escolantes podían ser labregos que completaban os seus ingresos dando clases aos nenos do seu lugar, cregos, vellos ou ben xente sen oficio nin recursos que subsistía grazas a darlle clases aos nenos.Malia a súa nula preparación pedagóxica e o limitado da súa cultura os escolantes ensinaban a ler, escribir e contar aos nenos da zona rural que doutra maneira dificilmente terían a oportunidade de aprender. As escolas de ferrado eran temporais, xa que só funcionaban no temporada de inverno cando o traballo no campo era menos intenso e normalmente establecíanse nas cortes, choupanas e ás veces ía o escolante de casa en casa.

Para saber máis: Deixo o enlace a un interesante artigo sobre este tema escrito por Narciso de Miguel na Revista Galega de Ensino.

www.edu.xunta.es/ftpserver/portal/DXPL/revistagalega/rge55/eduga55/9.pdf

2 thoughts on “que eran as escolas de ferrado?

  1. Pingback: Que pasa na costa

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *