Pacto Educativo e Marco Económico: perfecto oxímoro ou obxecto-Carelman? Non é compatible falar de Pacto Educativo namentras se pretende baixar a porcentaxe do PIB adicada a Educación a un 3,76%.

“Música silenciosa”, “silenzo atronador”, son exemplos que moitos recordamos de cando nos explicaban a figura retórica coñecida como “oxímoro”, que se definía como a combinación de dúas palabras ou expresións de significado oposto, pero que xuntas dan orixe a un novo sentido.

Pasemos a analizar a combinación de “Pacto Educativo” con “Marco Económico” para ver se poderiamos calificala como un perfecto oxímoro.

PRIMEIRA CONDICIÓN: Semella que aquí non hai problema. Efectivamente, como ben se pode comprobar no cadro adxunto, a “Actualización do Programa de Estabilidade 2016-2019 do Reino de España” remitido a Europa polo goberno Rajoy sinala unha diminución progresiva da porcentaxe de PIB adicado a educación ata situarnos no 3,76% do PIB. Sen dúbida unha cifra totalmente alonxada da franxa na que se instalan a grande maioría dos grupos políticos representados na Subcomisión polo Pacto Educativo que podemos situar entre o 5% e o 7%.

Polo tanto, está clara a flagrante contradicción dun goberno que afirma pretender impulsar un Pacto pola Educación, pero que ao mesmo tempo formula un Marco Económico en dirección contraria ao que solicita a comunidade educativa e a maioría de grupos políticos.

Pulsar para acceder ao documento completo.

SEGUNDA CONDICIÓN: A segunda condición do oxímoro é a de  que as palabras confrontadas dean orixe a un novo sentido e non é esto o que aquí sucede. Máis ben todo o contrario. Pretender relacionar Pacto Educativo co Marco Económico establecido polo goberno non nos leva a un novo sentido, o que nos leva é a un SEN SENTIDO.

Dito doutro modo, non ten ningún sentido que Rajoy e Méndez de Vigo pretendan convencernos de que están a traballar a favor do Pacto Educativo se non dan mostras palpables de cambio respecto do Marco Económico remitido a Europa.

OBXECTO-CARELMAN: Xa que logo e de continuar así, máis que como oxímoro, habería que relacionar ambas expresións como exemplo a incluir no fermoso “Catálogo de Obxectos Imposibles” de Jacques Carelman, como o “tándem-diverxente” que encabeza esta entrega ou a “cafetera para masoquistas” que vedes aquí ao lado.

¿CONCLUSIÓN?.- Non querría que se entendera que estou a afirmar que o Pacto Educativo é algo imposible de acadar e, polo tanto, un esforzo estéril. Todo o contrario, a sociedade no seu conxunto e, nomeadamente, a comunidade educativa demandan o noso traballo para convertilo nunha realidade. De non chegar a conseguilo, cada un dos actores teremos necesariamente que explicar o porqué, teremos que explicar as razóns polas que nos levantamos da mesa. E a postura de cada un debera implicar as consecuencias oportunas, non pode sair gratis.

O que SÍ afirmo é que, de non haber un cambio radical na política económica do gobierno e, concretamente, no que atinxe á educación, o Pacto será un IMPOSIBLE. Resumindo, continuar co 3,76% do PIB para educación como meta cara o ano 2019 é renegar de facto do Pacto pola Educación.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *