Pulsade para acceder ao libro.

Traigo hoxe a colación o libro que hai un tempo escribiu o meu compañeiro na X Lexislatura, Federico Buyolo, membro tamén, entre outras, da Comisión de Educación.

Meu bo amigo “Fede” fai un percorrido en primeira persoa sobre o seu paso polo Congreso de Deputados. Pero, en especial,  sobre os catro anos nos que Wert foi o titular do ministerio de Educación no goberno de Mariano Rajoy. Un período nefasto para o sistema educativo do noso país, nomeadamente para o sistema educativo público.

Neste tempo, no que imos comezar os traballos na Subcomisión polo Pacto Social e Político pola Educación, non ven de máis darlle unha lectura a este relato que “Fede” ten a amabilidade de convidarnos a ler. Un texto escrito de forma amena, sinxela e non exenta de humor.

Hoxe, Federico Buyolo exerce como Director Xeral de Cooperación e Solidaridade no goberno da Comunitat Valenciana. Un traballo que afronta dende a ilusión e o traballo infatigable, unha tarefa que conecta perfectamente coa súa forma de entender o mundo e que sempre estivo no seu referente vital. PERO, sempre hai alomenos un “pero”, ben sei que non pode evitar unha forte morriña e sana envexa hacia os amigos que seguimos ocupándonos da educación, unha área que segue con extrema atención e preocupación.

Para descargar o libro pulsade na imaxe da portada.