Estivemos reunidos co Foro de Sevilla. Bases para unha nova Lei de Educación. Acordo social e político educativo.

20160414-Reunión FOROdeSEVILLAO pasado xoves, 14/04/2046, membros da Comisión de Educación do Gruipo Parlamentario Socialista mantivemos unha máis que interesante reunión con representantes do Foro de Sevilla. Unha xuntanza na que compartimos preocupacións e esperanzas sobre o sistema educativo público do noso país.

Deixo a continuación, a modo de citas, algunhas das reflexións que nos aportaron os membros do foro, asumindo pola miña parte, calquera posible erro dunha toma de apuntes “en riguroso directo”.

  • “Antes que de PACTO, preferimos falar de ACORDO ou de CONSENSO”.
  • “Consensuar implica compartir”.
  • “Non existe un bo diagnóstico do sistema educativo. Falta diagnóstico”.
  • “A desigualdade é escandalosa no noso país”.
  • “Unha España Federal tería que garantir un forte núcleo de igualdade”.
  • “Non pode ser que o currículum actual quede en mans das editoriais”.
  • “Non se pode gobernar a práctica educativa. Autonomía real dos centros”.
  • “Como di Norberto Bobbio, a única bandeira que pode enarbolar a esquerda é a da igualdade”.
  • “Nos nosos documentos non hai nada novo, está a boa pedagoxía de sempre”.
  • “A esquerda carece dun discurso potente, o cal resulta inadmisible porque o da dereita é moi feble”.
  • “Non basta un pacto entre as forzas políticas, ten que haber un acordo cun gran apoio social e educativo, esto será o que lle dea fortaleza e estabilidade”.
  • “No século XXI poderíase considerar o pase á rede pública de escolas concertadas”.

Por outra parte, aínda que entendo que non é preciso para a maioría dos lectores de escoladeferrado, deixo o enlace a unha imprescindible páxina para todos aqueles que nos atopamos na defensa do sistema educativo público, a páxina do Foro de Sevilla, onde están os enlaces a todos os documentos propiciados por este colectivo.

De imprescindible lectura o último deles: DOCUMENTO DE BASES PARA UNA NUEVA LEY DE EDUCACIÓN. ACUERDO SOCIAL Y POLÍTICO EDUCATIVO.

PorOtraPoliticaEducativa-ForoSevilla
Pulsa na imaxe para acceder á web do Foro de Sevilla.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *