FEDADI: Reflexións sobre o liderazgo educativo Os Equipos de Dirección nos centros educativos

Pulsa para acceder ao documento.

A Federación de Asociaciones de Directivos de Centros Educativos Públicos (FEDADI) ven de impulsar a publicación dun estudio sobre o liderazgo na educación. Como se di no preámbulo do mesmo, o estudo “pretende recoller o conxunto de competencias profesionais que caracterizan o bo exercicio da dirección escolar en España, ao tempo que demanda as condicións estructurais e organizativas necesarias para levalas a cabo”.

Neste tempo no que a comunidade educativa, e a sociedade en xeral, albiscan a posibilidade de logran un Pacto pola Educación, non están demais estudos deste tipo que afondan nun tema recurrente e que está presente na maioría das comparecencias dos distintos actores da esfera educativa.

No traballo, afondan no concepto de liderazgo educativo, pero poñen sobre a mesa a necesidade de avanzar cara a un concepto de “liderazgo distribuido”, como constatación de que as competencias e o desempeño correspondente non poden ser cousa dunha soa persoa “nun contexto cada vez máis complexo dos centros educativos”.

Deixo o índice da obra, non sen antes recomendar a lectura da mesma.

1. INTRODUCCIÓN

1.1. Xustificación

1.2. O contexto da dirección escolar

1.3. A súa funcionalidade

2. A DIRECCIÓN ESCOLAR. UN MARCO PARA A SÚA MELLORA

2.1. Metas e intervencións estratéxicas

2.2. Dirección, organización e funcionamiento do centro educativo

2.3. Liderazgo pedagóxico

2.4. Participación e colaboración. Xestión do clima institucional

2.5. Normas éticas e profesionais

3. AS DIMENSIÓNS, AS COMPETENCIAS PROFESIONAIS E O DESEMPEÑO

Dimensión 1: Metas e intervencións estratéxicas

Dimensión 2: Dirección, organización e funcionamiento do centro escolar

Dimensión 3: Liderazgo pedagóxico

Dimensión 4: Participación e colaboración: xestión do clima institucional

Dimensión 5: Normas éticas e profesionais

 

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *