Ángel Gabilondo e o Pacto pola Educación

Ángel Gabilondo, ex-ministro de Educación, é a persoa proposta polos socialistas para participar na primeira sesión da subcomisión polo Pacto Educativo. Non creo que sexa necesario explicar os motivos que nos levaron a esta designación. Gabilondo, no seu paso polo ministerio de Educación, deu mostras máis que sobradas do seu infatigable esforzo por tratar de conseguir un Pacto pola Educación no noso país.

Esta cita de Gabilondo creo que deixa ben ás claras cal era o espíritu que o animaba:

El acuerdo no sólo es el mejor camino, es el único posible

Mágoa que os cálculos realizados pola cúpula do Partido Popular indicaran que asinar o Pacto era contrario aos seus intereses electorais e, por suposto, esto último era moito máis importante que asinar calquera acordo ou pacto cun ministro socialista.

A reacción de Gabilondo foi outra mostra da súa firmeza na loita pola mellora da educación. A partir dos consensos acadados, e que o Partido Popular deixou sen asinar, foi quen de crear os Programas de Cooperación Territorial entre o Ministerio de Educación e as Comunidades Autónomas. Unha importante inxección de financiación, xa que obrigaba a aquelas comunidades que querían participar a aportar o 50% dos custes dos programas. Así viron a luz o programa “Educa-3”, o “Plan PROA” (Programa de Reforzo, Orientación e Apoio), o “Escola 2.0”, ou o “PALE” (Programa de Apoio ao Aprendizaxe de Linguas Extranxeiras), por citar solo algúns dos máis coñecidos.

Programas que contaron con avaliacións positivas, se ben o grao de rendimento acadado tiña bastante que ver coa implicación e o compromiso das distintas Consellerías de Educación.

 

Deixa un comentario