Acerca do autor:

Guillermo-BN-CuadradoEste “blog” é da autoría de Guillermo Meijón Couselo. Son mestre e licenciado en Pedagoxía. Dende o ano 1979 exerzo na escola pública, sendo o meu posto actual o de Orientador Escolar. Son militante do PSOE e da UGT dende hai máis de 30 anos.

A día de hoxe exerzo como deputado no Congreso, pola provincia de Pontevedra dentro do Grupo Parlamentario Socialista, e como coordinador da Sectorial de Educación do PSdeG-PSOE.

No Congreso son membro das seguintes Comisións:
Comisión de Educación, portavoz adxunto de Educación e portavoz de Universidade.
Comisión de Cultura. Vogal.
Comisión dos Pactos de Toledo. Vogal.
Comisión de Fomento. Adscrito.

A nivel orgánico, actualmente son membro da Comisión Executiva Nacional Galega do PSdeG-PSOE, cuxo Secretario Xeral é José Ramón Gómez Besteiro, como Secretario de Política Institucional.

Anteriormente ocupei os seguintes postos de ámbito político, orgánico e sindical:
Concello de Pontevedra: concelleiro entre os anos 1999 e 2005, sendo no segundo mandato responsable da Área de Educación.
Parlamento de Galicia: deputado e portavoz de Educación do Grupo Parlamentario Socialista entre os anos 2005 e 2011.
PSdeG-PSOE: ocupei a Secretaría de Educación na Comisión Executiva Nacional Galega entre os anos 2008 e 2012. Membro da Comisión Executiva de Pontevedra en distintas ocasións.
FETE-UGT:  entre outros cargos, membro da Comisión Executiva Galega de FETE-UGT-Galicia, non poño os anos porque xa non os recordo.
ESCOLA VIVA: membro fundador do Movemento de Renovación Pedagóxica “Escola Viva” e coordinador e colaborador das  “Escolas de Verán” e Programas de Cursos deste MRP.